|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|

*LUME
NUNCA MÁIS: manifestación nacional 1 de outubro en
Ourense
Redacción
30 de setembro 2005
O Comité
en Defensa do Monte Galego convoca a todos os cidadáns
e cidadás de Galiza á unha manifestación
nacional que terá lugar o vindeiro sábado 1
de outubro na cidade de Ourense ás 20:00 h para
reclamar unha nova política forestal de prevención e
loita contra os incendios que están a arrasar o monte
galego. A saída terá lugar dende o Pavillón
dos Remedios para rematar na Praza Maior, onde se dará
lectura ao manifesto elaborado polo escritor Xosé Carlos
Caneiro.
Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO
MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos
que conforman este comité facemos unha chamada ás
institucións e á sociedade civil galega para que
tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama
no documento de BASES
EN DEFENSA DO MONTE GALEGO.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|