ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns



*A RTP emitirá un especial sobre a V Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa

Redacción 30 de maio de 2006
Este mércores, a Radio Televisao Portuguesa 1 ( RTP 1) e a RTP Internacional emitirán un espacio especial sobre a V Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa que promove Ponte...nas ondas! e que se celebrará o este sábado no Porriño.

O prestixioso presentador Julio Isidro, fará un especial dentro do programa "Portugal no Coraçao". O programa realízase en directo dende Porto para as dúas canles da Televisión Portuguesa, entre as 15h30 e as 18h, hora portuguesa. Este programa pretende ser un punto de encontro entre portugueses residentes dentro e fóra de Portugal e estranxeiros e é tamén presentado por Merche Romero, José Carlos Malato, Cristina Alves e Marta Leite e Castro.


Os convidados a participar son os artistas Narf de Galiza, Timbila Muzimba de Portugal e Amélia Muge de Portugal xunto con representantes de Ponte...nas ondas! promotores da Mostra.


Amélia Muge e Narf interpretarán a composición sobre o poema Eu levo unha pena de Rosalía de Castro especialmente realizada para a XII edición de Ponte...nas ondas!.

A RTP destacará a singularidade desta iniciativa que busca promover a cultura común galego-portuguesa.

Programa da V Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa

A presenza de novas propostas na Mostra como as de Narf e a de Luanda Cozetti  é unha aposta por abrir portas a expresións e sonoridades que forman parte do patrimonio musical do século XXI. Amélia Muge realizou colaboracións recreando temas galegos con grupos como Camerata Meiga ou con Amancio Prada.

O traballo de Narf cos Timbila Muzimba de Moçambique transmitirá unha mensaxe inequívoca: o mestizaje entre culturas nunca foi alleo á este patrimonio inmaterial ( temos o exemplo das Batuko Tabanka en Burela ). A presenza dos Timbila enriquecerá tamén a dimensión da oralidade galego-portuguesa presente en Moçambique e achegará ademais unha importante contribución: a sonoridad dun instrumento que acaba de ser proclamado pola UNESCO Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.
A orixe mozambicano de Amélia Muge será sen dúbida outra feliz coincidencia.

A posibilidade de contar coa brasileira Luanda Cozetti achegará a oralidade e sonoridades do Brasil nunha proposta novidosa da man do dúo Couple Coffee. A súa colaboración previa na XII edición de Ponte...nas ondas! mediante unha versión incrible do tradicional e común Alecrim será a carta de presentación desta muller, filla de Alipio de Freitas a quen cantou Jose Afonso, cunha biografía intensísima.
A narración oral estará conducida por Avelino González, unha figura emerxente da onda de contadores e actores galegos que domina maxistralmente a narración tradicional galego-portuguesa.

Voltar a novas

Ver anteriores