ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Bolivia: comeza unha semana case decisiva


Redacción, 30 de maio 2005. Hoxe, luns 30 podería comezar a “nai de todas as batallas” pola soberanía económica de Bolivia a través do manexo dos hidrocarburos. Será cando entre artificiais acusacións de “pago a dirixentes sociais” ou pedidos de renuncia do Presidente e peche do Congreso, os sectores sociais deberan unificar descurso e acción, se queren lograr os seus obxetivos.

O
s sectores sociais (labregos, cocaleros, indíxenas e traballadores mineiros) de occidente e oriente de Bolivia que están n'A Paz resolveron unha "pausa de fin de semana" antes de recomenzar, o luns 30 o que se considera "semana decisiva" do conflicto socio-político.

Matices máis, matices menos, o conflicto comezou a preocupar a sectores económicos e diplomáticos aínda que a "clase política" non deu mostras de resolver a crise que comezou o abril de 2000 cun motín policial que ocasionou o abrupto derrocamento dun Presidente Constitucional. Pero o conflicto está lonxe de terminar.

Pausa de fin de semana

¿Quen están n'A Paz? os labregos das provincias paceñas, ao igual que os seus pares cocaleros e cocaleras do Trópico de Cochabamba están aloxados nas aulas de varias facultades da Universidade Maior de San Andrés (UMSA). Os mineiros están na Federación de Mineiros en tanto que outros sectores como cocaleros de Yungas están aloxados en ADEPCOCA.

Todas e todos marcharon a diario durante a semana que conclue, incluso no tradicional Día da Nai (moi celebrado en Bolivia), que tivo ás mulleres campesinas marchando coa cabeza chea de mixtura e incluso bailando en plena marcha, como homenaxe ás mamás bolivianas.

Ademais diso existen dúas folgas de fame. Unha está na sede d'Aamblea de Dereitos Humáns d'A Paz onde dirixentes do Consello d'Ayllus e Markas do Qullasusu CONAMAQ (quechuas e aymaras) comparten esta medida de forza cos seus pares chiquitáns, yuracarés e mojeños do oriente boliviano, representados pola Central de Pobos Étnicos Mojeños do Beni (CPEM-B) e a Coordenadora de Pobos Étnicos de Santa Cruz (CPESC). A outra folga está encabezada por Felipe Quispe ("Mallku") na sede da Confederación Unica de Traballadores Campesinos de Bolivia (CSUTCB). Por tanto non só se moviliza o occidente.

Problemas e desafíos

A movilización xa xerou o aumento de prezos na carne, ovo, pataca e outros produtos agrícolas da dieta familiar diaria n'A Paz e n'O Alto; ese aumento é dun 25 por cento promedio e a súa causa son os conflictos que conflituan aos centros de abasto. Outro efecto é a case que paralisación de reservas do turismo receptivo na rexión occidental boliviana. É máis, o goberno arxentino fixo coñecer oficialmente a súa intención de evacuar funcionarios e cidadáns arxentinos que viven ou transitan polo occidente.

Pero os maiores problemas parecen ser o propósito das movilizacións e a resolución final do conflicto. Unha parte de sectores sociais movilizados (achegados ao MAS de Evo Morales) piden convocar unha Asamblea Constituinte; outros (O Alto e sectores labregos) exixen nacionalizar o gas e petróleo ao que se suman pedidos de renuncia do Presidente Carlos Mesa e o peche do Parlamento.

Se ben Mesa xa renunciou en dúas ocasións (en marzo de 2005) está claro que o Presidente non nacionalizará os hidrocarburos, por agora en máns de empresas extranxeiras por medio de leoninos e ilegais contratos "de risco compartido", os mismos que foron cuestionados incluso polo Tribunal Constitucional.

O tradicional comportamento gobernamental, de acusar a dirixentes sociais de receber cartos para movilizacións na rúa e en estradas, só foi un sinal para varios sectores movilizados, que agora buscan unha alternativa de poder. Por agora xa renunciou, de maneira forzada, a ministra de Educación.



Voltar a novas

Ver anteriores