|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Anxo
Quintana defende unha relación bilateral co Estado “para
que Galiza teña un modelo propio de
financiamento”
Redacción
30 de
xaneiro 2006 O
líder nacionalista esixiu na súa intervención
ante o Consello Nacional que o Estado salde a débeda
histórica, cifrada en 21.000 millóns de euros, en 8
anos.
O
portavoz nacional do BNG demanda “un Estatuto que supoña
o recoñecemento nacional de Galiza no seu preámbulo
e no texto articulado”.
Segundo expuxo Anxo Quintana
na súa intervención ante o Consello Nacional, “hai
espazo para unha cesión maior en materia de IRPF, IVE e
impostos especiais da que ten pactado Catalunya”. A proposta
chave dos nacionalistas galegos é a cesión do
Imposto de Sociedades, que sería aplicado tamén ás
empresas que operan en Galiza pero cotizan fóra do país.
O
portavoz nacional do BNG pediulles ás outras forzas
políticas que asuman o repto da bilateralidade co Estado e
fixen unha postura de país para ser defendida en Madrid
“con todas as consecuencias”. Quintana preguntou se
“van fiar outra vez a sorte de Galiza ao que Madrid ordene
através do Consello de Política Fiscal e
Financeira”
Os
nacionalistas galegos “aspiramos á suficiencia
financeira, á autonomía fiscal e á xestión
dos nosos propios impostos através dunha Axencia Tributaria
propia”, en palabras de Quintana. O BNG pide que o
envellecemento e a dispersión poboacional, xunto coas
diferenzas de renda e os déficits estruturais de
investimento, conten á hora de estabelecer os mecanismos
estatais de compensación interterritorial.
Anxo
Quintana cifrou a débeda histórica do Estado con
Galiza en 21.000 millóns de euros, para os que o novo
Estatuto debe incluír un plano de pago no cal o goberno
central debería transferir 2.600 euros á
administración galega durante 8 anos. Ademais, a
organización nacionalista esixe que o investimento do
Estado en materia de infraestruturas non baixe do 8% do Plano
Estratéxico de Infraestruturas e Transportes (PEIT), como
figura no pacto de goberno asinado co PsdeG-PSOE.
En
resumo, son cinco temas os que o BNG propón definir entre
as tres forzas políticas presentes no Parlamento Galego: o
recoñecemento nacional de Galiza, un novo ámbito
competencial, o novo modelo de financiamento, unha Carta de
dereitos e deberes dos cidadáns e o pagamento da débeda
histórica
O
carácter nacional de Galiza
O
líder do BNG defende que Galiza sexa recoñecida como
nación tanto no preámbulo como no texto articulado
do novo Estatuto. Quintana atribuíu ao nacionalismo galego
que hoxe “no noso país empeza a estar comunmente
aceptada a imposibilidade de homologar a Galiza coas rexións
e a nosa nación ubícase ao nível de Euskadi e
Catalunya”. Deste recoñecemento nacional derívase
a necesidade dun marco competencial o máis elevado posíbel
coa correspondente autonomía financeira.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|