Publicidade
Contacto
|
*Remata cun empate 1-1 o encontro Galiza-Ecuador
• Fernando Vázquez: "O equipo está contento, orgulloso de representar este País", "Galiza foi netamente superior ao rival"
• Arsenio Iglesias: "Os xogadores veñen cunha gran ilusión", "O equipo xogou bastante ben, incluso pudimos haber ganado"
• Luis Fernado Suárez, seleccionador de Ecuador: "Foi un partido intenso, cun ritmo vertixinoso", "O rival buscou sempre gañar e dominou en moitas ocasións o partido"

Redacción 29 de decembro de 2006 O encontro máis agardado do ano por todas as galegas e galegos, saldouse onte cun empate a uns no marcador. Non houbo goles na primeira parte aínda que si oportunidades e dúas tarxetas amarelas ao equipo visitante. Ecuador abriu o marcador no minuto 63 cun gol de Renato Calle, xusto cando o combinado galego estaba a mostrar todo o seu potencial. O empate viría da man de Jonathan Pereira 5 minutos despois no 68, tras unha xogada con Diego Castro. O ambiente nas gradas foi moi especial, entre 25.000 e 30.000 persoas ao berro de "Galiza!!!, Galiza!!!" que non pararon de animar en ningún momento.
O partido foi bonito, foi bonito polo fútbol, foi bonito por lograr un empate cunha selección mundialista e foi bonito sobre todo pola emoción. Xa desde o comezo coa entonación do himno, que desta volta si se cantou completo, (contra Uruguai tivémonos que conformar coa metade) percibíase un ambiente especial.
Para Fernándo Vázquez "todos os obxectivos están amplamente cumplidos" e tanto para el coma para Arsenio Iglesias, este encontro demostra que en Galiza hai futbolistas de calidade coma para manter un equipo propio en primeira división, e cren que é unha pena que os nosos xogadores anden ciscados por aí adiante. Aproveitaron para mandarlle unha mensaxe aos directivos dos clubes galegos para que aposten polos xogadores que temos na nosa terra.
Os seleccionadores galegos non descartan a posibilidade de repetir o vindeiro ano á fronte do combinado galego, mais deixan a porta aberta "para que outra xente deste País poida desfrutrar
desta ilusión que crea dirixir á Selección Galega".
Para Fernándo Vázquez "seremos aquelo que queriamos ser, a Selección terá futuro se a xente queira que teña futuro", "se a xente está detrás e empuxa a selección durará moito tempo".
Incidencias
O terreo de xogo atopábase en moi mal estado, o céspede levantábase con grande facilidade.
Entre 25 e 30 mil persoas nas gradas.
Escoita aqui as declaracións dos Seleccionadores galegos ao remate do encontro (rp_galiza.wav)
Escoita aqui as declaracións do Seleccionador ecuatorián ao remate do encontro (rp_ecuador.wav)
Voltar á Portada
Ver anteriores
|
Publicidade:
|