ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Ardanza e Mayor Zaragoza abren o ciclo diálogos pola paz en Compostela

Chuza! esta nova!
Redacción 29 de novembro de 2006 Mañá, día 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Aula Sociocultural de Caixa Galiza, na capital, terá lugar a primeira das sesións dos DIÁLOGOS POLA PAZ que organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz) en colaboración coa Universidade e a Fundación Caixa Galiza.

Os Diálogos pola Paz son unha iniciativa que pretende reflexionar sobre a paz e os conflitos en todos os ámbitos, ofrecer un marco de intercambio de pareceres sobre o proceso de paz en Euskadi e facer cultura de paz por medio do diálogo como mellor maneira de resolver os conflitos.

A razón dunha ou dúas mesas de Diálogo por mes prolongaranse até xuño de 2007 e está confirmada a participación, entre outros, das seguintes personalidades: Carlos Garaikoetxea, Josu Erkoreka, Eduardo Madina, Anxo Quintana, Pilar Manjón, Johan Galtung, Begoña Lasagabaster, Gorka Landáburu, José María Calleja, Iñigo Lamarca, Juan José Tamayo, Xosé Luis Barreiro Rivas, Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez, Ramón Máiz, Xan López Facal, Alfonso Eiré ou Vicens Fisas.

No Acto Inaugural dos Diálogos está prevista a participación de Gumersindo Guinarte, Secretario Xeral da Presidencia da Xunta de Galiza en representación de D. Emilio Pérez Touriño; o Reitor, D. Senén Barro; Dª Rosario Sarmiento en representación da Fundación Caixa Galiza, así como D. Manuel Dios, Coordinador dos Diálogos e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade:


Tu Nueva Figura