|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Os
CAF reivindican o dereito a “estudar con dignidade” na
súa nova campaña
Redacción
29
de
novembro
2005
Os CAF
iniciarán unha campaña nacional para reivindicar o
dereito a estudar con dignidade. Esta
campaña nace como resposta a unha problemática que
se vén dando entre os e as estudantes, xa que cada vez se
complican máis as condicións de estudo no Sistema
Universitario Galego. Os CAF centran este inicio de curso nunha
serie de demandas respecto das taxas, as bolsas e as residencias
universitarias.
Estas demandas son:
*Solicitude
da Xunta ao Ministerio de conxelación
do prezo das taxas
para o curso que vén.
*Prazos
de matrícula menores á metade
do salario mínimo interprofesional.
*Transferencia
das competencias
en materia de bolsas á Xunta
de Galiza.
*Creación
da nova
bolsa galega de axuda ao estudo
por parte da Xunta de Galiza, onde se contemplen entre outros os
seguintes criterios: -
Primacía dos criterios económicos
sobre os académicos.
-
Modificación dos baremos
da renda. -
Modificación das profesións e recoñecemento
de profesións
especificamente galegas. -
Modificación das implicacións na bolsa do Imposto
sobre Bens Inmóbeis.
*Aumento
da contía
das bolsas
por enriba da suba das taxas.
*Concesión
de axudas a aqueles que estexan cursando o CAP
ou outros cursos como o
MIR...
*Concesión
de bolsas aos estudantes nunha segunda
carreira.
*Incremento
progresivo das prazas
de residencias universitarias
nas tres
universidades
nos próximos anos até chegar ao 10%
dos matriculados/as.
*Supresión
da incompatibilidade entre a
bolsa do MEC e
a praza
subvencionada nas residencias da USC.
*Creación
dunha residencia
pública
no
campus da Coruña e
outra no campus
de Ferrol.
*Reapertura
do monte
do Gozo
como residencia estudantil.
*Creación dun Banco
de Vivendas en rexime de alugueiro
para garantir o acceso por parte do colectivo estudantil a
vivendas que cumpran uns controis de cualidade.
Máis
información na web
dos CAF.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|