|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Co
orzamento de dous dos 39 programas de Pepe Navarro, Radio 4
podería emitir en Galiza durante máis dun
ano
Redacción
29
de
novembro
2005
RTVE
debe corrixir as discriminacións lingüísticas
que mantén en Galiza. A
Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o
pasado venres en conferencia de imprensa que se non se recupera
Radio 4 como emisora de RNE en galego é por unha decisión
política do Goberno central e da dirección estatal
de RTVE. A pesar de que Carmen Caffarel sostivo no Congreso dos
Deputados que a restauración de Radio 4 en Galiza “suporía
un investimento inasumíbel”, o ente non ve problema,
por exemplo, en gastar seis millóns de euros no programa de
Pepe Navarro.
O Presidente da Mesa, Carlos Callón,
remitiulle unha misiva a Carmen Caffarel onde lle pregunta onde se
nota máis que RTVE é un servizo público, se
en programas como Gente, Corazón de Otoño e Mira
quién baila, ou en posíbeis accións como a
recuperación de Radio 4, que contribuiría a garantir
uns mínimos da cooficialidade lingüística
estabelecida pola Constitución e o Estatuto en
vigor.
Carlos
Callón mantivo nos últimos meses diversas
entrevistas con persoas moi implicadas na posíbel
recuperación de Radio 4, como Pedro Piqueras (Director
Xeral de RNE), Celia Díaz (directora de RNE –
Galiza), Fernando Salgado (Secretario Xeral de Comunicación
do Goberno Galego) e Miguel González Somovilla (Director
Xerente de Comunicación e Relacións Institucionais
de RTVE). Celia Díaz e Fernando Salgado mostraron unha
receptividade moi positiva a esta proposta.
Pedro Piqueras,
porén, argumentou que era difícil a recuperación
de Radio 4 en Galiza porque en Cataluña esta emisora
contaba cunha escasa audiencia. É rechamante ese argumento
posto que, en Galiza, Radio 4 gozou dunha aceptación social
importante e, porén, fechárona en 1992 alegando
tamén razóns económicas que curiosamente non
se aplicaron a Cataluña.
Iria Taibo, Responsábel
Nacional de Mocidade pola Normalización Lingüística,
recordou na conferencia de imprensa que Carmen Caffarel recoñeceu
no Congreso dos Deputados que en Galiza existe unha demanda social
para a recuperación de Radio 4. Porén, segundo
Taibo: “Nin a demanda social lle importa, nin a audiencia
potencial, nin o servizo público que suporía. O
único que lle parece importar é que para recuperar
Radio 4 habería que investir en persoal, posto que as
infraestruturas xa as teñen. Caffarel prefire pagarlle 6
millóns de euros a Pepe Navarro que contratar técnicos
e locutores en Galiza, cando co diñeiro de dous dos 39
programas de Navarro xa poderiamos ter Radio 4 en galego durante
máis dun ano.”
Ademais, RTVE mantén
outras discriminacións comparativas con Galiza que deberían
ser corrixidas e que A Mesa lle reitera a Carmen Caffarel na
comunicación que lle acaba de enviar:
-Equiparación
das desconexións de TVE para a Galiza e para Cataluña,
o cal significa:
A.
Que haxa informativos desde a Galiza todos os días da
semana, tamén os sábados e domingos.
B.
Que aumente a programación desde a Galiza en horas de
máxima audiencia durante as tardes, seráns e noites
dos días de semana.
C.
Que aumente a programación desde a Galiza nas fins de
semana.
D.
Que as desconexións sexan sempre na lingua propia, o que
implica reformular o espazo Desde Galicia para el mundo.
Neste programa mesmo sen producen intolerábeis imposicións
do castelán ás persoas entrevistadas.
-A
xa sinalada recuperación dunha emisora de RNE na nosa
lingua (Radio 4), que en Cataluña continúa
existindo, mais en Galiza deixou de emitir en 1992 e que a actual
dirección de RTVE se nega a restaurar.
-
Carmen Caffarel recoñeceu no Congreso (28/10/05) que en
Galiza existe unha importante demanda social para que se recupere,
mais aduciu razóns económicas para non facelo: “A
posibilidade de restaurar Radio 4 para a comunidade galega, con
emisións en lingua autóctona durante as 24 horas do
día, supón acrecentar un gasto adicional moi
significativo, eu diría que inasumíbel, no momento
que vivimos.”
-Que,
na próxima emisión dixital, TVE ofreza versión
en galego de todos os filmes, espectáculos deportivos e de
todas as series infantís e xuvenís.
-Que
as páxinas web de RNE e TVE conten tamén
cunha versión en galego.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|