Publicidade
Contacto
|
As veciñas e veciños denuncian o trato recibido por parte da policía
* A bomba que estourou na madrugada do domingo en Lugo podería estar vinculada ás mafias da prostitución
No edificio afectado podería haber até tres prostíbulos clandestinos
Redacción 29 de setembro de 2006 Segundo fontes non oficiais a bomba estourou na madrugada do pasado domingo na capital lucense podería estar vinculada ás mafias da prostitución.
Segundo puido saber ArroutadaNoticias.com no edificio afectado poderían estar convivindo até tres prostíbulos clandestinos. Un axuste de contas das mafias da prostitución ou unha veciña ou veciño "canso" da situación poderían estar detrás da bomba que afectou ao andar baixo do inmóbel.
As veciñas e veciños informaban dun "ir e vir" constante de persoas alleas ao edificio que supostamente eran quen frecuentaban os prostíbulos.
Alén diso as persoas que no momento do estouro estaban no interior do edificio denucncian o trato recibido por parte da policía. Ao parecer logo de proceder ao desaloxo, a policía limitouse a controlar que ninguén accedese ao inmóbel sen prestar ningún tipo de apoio ás afectadas e afectados. Moitas das persoas que alí se atopaban estaban durmindo polo que ao baixar á rúa ían vestidos con pixamas ou roupas de cama, segundo puido saber ArroutadaNoticias.com a policía non proporcionou nen mantas nen abrigo nen bebidas quentes, os axentes tan só se limitaron a facer quendas para ir eles tomar o café. As 13 persoas desaloxadas pasaron toda a noite ao sereo.
Relacionado:
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|