GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Novos tempos para a Academia Galega do Audiovisual: Manolo Gómez dimite do seu cargo de presidente

Redacción 29 de setembro de 2006
O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, presentou onte a súa dimisión irrevogábel. A actriz María Bouzas -vicepresidenta do organismo-, asume o cargo por acordo da xunta directiva.

Tras a polémica suspensión da película "Los Muertos Van Deprisa" por parte da produtora DYGRA, presidida por Manolo Gómez, varios membros da academia solicitaron a súa dimisión calificando a súa actuación de irresponsábel.

A falta de cartos semella ser a causa da suspensión do filme que se estaba a rodar en Ribadeo cunha equipa 99% galega. AS persoas implicadas na película consideran que esta suspensión "senta un precedente moi dificil de levantar no futuro".

Con esta dimisión o audiovisual galego comeza unha nova etapa dentro dun sector no que os pasos en falso non están permitidos.

Relacionado:
Comunicado da equipa técnica e artística da película "Los Muertos Van Deprisa" tras a suspensión da rodaxe


Voltar a novas

Ver anteriores