ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Programa EAVE: Galiza sacará a bailar en Santiago aos que mandan no audiovisual europeo


Redacción 29 de setembro
2005 O EAVE (Les Entreperneurs de l´Audiovisual Européen) era un bocado que Galiza non podía deixar escapar. Se había algunha posibilidade de arrebatarllo a outros países da zona europea, había que xogar forte. Esta parece ser a opinión de todo os axentes que integran e dirixen o sector audiovisual galego.

Algúns deles reuníronse este mércores 28 de setembro no Club Internacional de Prensa de Santiago para explicar varias cousas perante os medios: 1º Que o EAVE? 2º Cando se celebra? e 3º Por que é tan importante para Galiza? Para empezar, foron ao que se podería denominar o gran da cuestión: EAVE é unha oportunidade para entrar en contacto cos que toman as decisións en Europa no eido do audiovisual.

Dito doutro xeito: Galiza podería sacar a bailar aos que mandan.

A Academia Galega do Audiovisual fixo posíbel esta situación.

O EAVE é un ciclo formativo dun ano. Pero, ademais diso, é un lugar de reunión, congreso e punto de encontro. Cómpre imaxinar esta oportunidade como unha ponte, tal e como explicou durante o transcurso da presentación o Secretario de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado. A ponte é o EAVE.

A unha beira estamos nós, os galegos. Na outra, está o mundo.

O EAVE xa se está a celebrar na Coruña, en chave de xornadas técnicas, ata o día 30 de setembro. Pero a fase máis crucial do ciclo aínda está por chegar. Terá lugar en Santiago do día 24 ao 30 de outubro, nunha derradeira sesión na que estarán presentes "os que toman as decisións" (e hai nomes tan importantes coma o de Jérôme Paillard, director de mercado do Festival de Cannes). Estes "decisions makers" están convidados polo Programa Media da Unión Europea, responsábel do paquete de plans do que forma parte, precisamente, o EAVE. Cómpre sinalar que este ciclo conta no noso país coa colaboración da Secretaría de Comunicación e da Dirección Xeral de Comunicación. Ademais, está coordinado por Enrique Nicanor.

Foi precisamente Nicanor o que máis detalles desvelou ante os medios acerca do EAVE. Ao seu xuízo, interésanos facer uso deste programa porque dos 20 deste tipo que ten a Unión Europea, este é o que lle pode abrir a porta á meirande cantidade de proxectos. Interésanos polos cartos, pero tamén para crear redes de traballo. E, partindo da base de que o audiovisual galego somos todos (hai poucos sectores económicos nos que un pobo se poida chegar a sentir tan identificado), o EAVE podería representar un achegamento entre mundos. Entre o Norte e o Sur, onde levamos 18 anos de atraso en produción.

Para Nicanor, o audiovisual é un sector de primeira orde: "É o negocio que máis cartos dá no mundo, máis incluso que o do armamento. Pero é un negocio duro. Un negocio onde non se permite non obter contestación a un e-mail no mesmo día en que foi enviado. Aquí, coma nos matrimonios, hai que coñecer á outra persoa, doutra maneira non hai negocio", comentou. O EAVE é pois unha maneira de poñernos a todos na mesma festa. "A Santiago acudirán 50 'decision makers' cos que debemos aprender a bailar", dixo.

No acto de presentación no Club Internacional de Prensa de Santiago tamén estivo Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual, a institución que fixo posíbel que o noso país lle arrebatase a celebración deste ciclo a outras cidades. Gómez sinalou que este evento de gran alcance internacional é froito dos debates xurdidos do segundo Congreso Galego do Audiovisual, co obxectivo de abrir canles de proxección ao sector galego. Tamén comentou que esta celebración fora proposta ao anterior goberno da Xunta, sen obter resposta algunha. Por outra banda, dixo, si que atopou apoio total no novo equipo de Goberno. Representándoo, acudiron o director xeral de Comunicación, Manuel Fernández, e máis Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación.

Antecedentes

O EAVE foi creado en 1988 para produtores europeos, e conta con 48 participantes de países coma Reino Unido, Italia, Noruega, Francia… A primeira sesión celebrouse en Mondford, Luxemburgo, no mes de marzo; a segunda tivo lugar en Bergen, Noruega. Ate o 2005, EAVE conta xa con 800 graduados. No pitching do ano pasado celebrado en Budapest, leváronse a cabo máis de 800 xuntanzas entre decisión, makers e participantes. No 1994, o coordinador internacional Enrique Nicanor González ocupaba o cargo de Xefe de Estudos de EAVE, e foi quen de organizar o EAVE Atlántico, entre Galiza, Gales, Bretaña e Portugal. A sesión en Galiza fora realizada na Coruña. Entre os 15 participantes de Galiza estaban daquela Manolo González -fundador da Escola de Imaxe e Son da Coruña, entre outras moitas responsabilidades e iniciativas que levou a cabo no sector audiovisual en Galiza-, Pepe Coira, Xosé Manuel Barreira e Pancho Casal. Daquela iniciativa, xurdiu a idea de organizarse no sector, que desembocou na creación da Asociación de Produtoras Independentes de Galiza, AGAPI. Logo, leváronse a cabo outras dúas edicións de EAVE en España, que tiveron lugar en Madrid e en Sevilla.

Os proxectos seleccionados:

Proxecto

Produtora

Lugar

Xénero do Proxecto

Orzamento

The struglle against Malaria

Jeronimus Productions e Atmósfera Producciones

O Porto / Madrid

Documental

352.138,00 €

At home

Dordoka Films Eukarya

Barcelona

Longametraxe de animación

1.055.500,00 €

Los muertos van deprisa

Dygrafilms S.L.

A Coruña

Comedia (imaxe real)

2.175.615,00 €

One day on Earth

Nezcom Micromovies

Santiago de Compostela

Micromovies de 30´´

1.250.000,00 €

Laboratorio

Voz Audiovisual

A Coruña

Documental

209.000,00 €

Chatting

Interacción

Vigo

Proxecto Cross-media: Serie para internet

non dispoñíbel

A Veciña

Ciudadano Frame

Santiago de Compostela

Longametraxe

999.900,00 €

Conversas co Vento

Ficción

Santiago de Compostela

Longametraxe

2.807.887,00 €

Linko Killer Machine

IB Cinema

A Coruña

Longametraxe

3.000.000,00 €

"Insha Allah" (Si dios quiere)

Jose Luis Barrios Producciones Cinematográficas

Burgos

Longametraxe (road movie)

1.285.603,00 €

Flores Tristes

Teo Manuel Abad e

Comunicasom (Portugal)

Santiago de Compostela / Lisboa

Longametarxe Documental

non dispoñíbel

La Maleta de Sofía

Saga TV

Santiago de Compostela

Longametraxe Documental

2.1000.000€



































Publicado no Diario Dixital Código Cero

Voltar a novas

Ver anteriores