|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*A
Mesa pide a dobraxe para o galego de dez filmes no
2006
Redacción
29 de setembro
2005
O Código da Vinci e Piratas do Caribe 2 están entre
os títulos que se agarda que aparezan en galego nas nosas
carteleiras. O Plano Xeral de Normalización da Lingua
Galega (PXNLG) estabelece que se deben dobrar dez filmes anuais ao
noso idioma, entre aqueles que teñan maiores expectativas
comerciais. A
Mesa pola Normalización Lingüística vai
reivindicar perante as distribuidoras e perante o Goberno galego
que sexan traducidos, cando menos, os seguintes títulos:
1.
O Código da Vinci 2. Piratas do Caribe 2: O cofre
do morto 3. Ice Age 2: A fusión 4. Cars 5.
Inglorious Bastards 6. O regreso de Superman 7. Sin City
2 8. X-Men 3 9. Casino Royale 10. Misión imposíbel
3
A Mesa confía en que o Goberno galego vai
xestionar estas dobraxes coa máxima eficiencia e, ademais,
considera que as organizacións cidadás, sindicais e
políticas deben tamén “facer piña”
coa Xunta para que ningunha distribuidora se negue a traducir
algún destes filmes ao noso idioma.
A Mesa pola
Normalización Lingüística ten desenvolvido
numerosas accións para incorporar a nosa lingua ao cinema,
como a campaña pola dobraxe de Harry Potter que os levou a
entrevistarse cos directivos de Warner no Estado español,
ou os exitosos acordos coa distribuidora Luk Internacional para a
estrea na pantalla grande no noso idioma dos filmes de Shin Chan e
Doraemon.
En Cataluña xa poden ver as grandes
estreas na súa lingua
A
situación do galego na pantalla grande é nestes
momentos moi diferente da catalá. Mentres este serán
non lle será posíbel a ninguén ver en galego
nin un só filme en ningunha sala, no Principado de Cataluña
poden asistir toda esta semana ás sesións no seu
idioma de Charlie e a fábrica de chocolate, O segredo dos
irmáns Grimm e Madagascar. Ademais, teñen xa
comprometidas para as próximas semanas a exhibición
de Wallace e Gromit: A maldición das verduras, A lenda do
Zorro, Chiken Little e a última estrea de Harry
Potter.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|