|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*V Festival do Norte: este ano bo tempo (e pouco máis...)
Redacción 29 de maio de 2006 Onte remetaba a V edición do Festival do Norte de Vilagarcía cun balance non moi positivo. Este ano non houbo excusa polo tempo (o ano pasado chovera a chuzos) e non se pode dicir que houbera moita xente. A música boa, menos coñecida, se cadra, que noutras edicións e seguimos botando en falta música en galego. Algo terá que ver a organización.
O grupo estrela do cartel desta V edición foi Placebo, que presentaban o seu novo traballo "Meds", no momento en que saíron ao escenario o plublico non chegaba ás mil cincocentas persoas. Con iso queda dito todo.
Pouca xente para un festival que xa tivo no seu cartel a artistas da talla de Manu Chao, Bumburiy, Orishas, Macaco, Placebo... Unhas veces que si o tempo outras que si erros na cartelaría (na edición na que estivo Manu Chao toda a cartelaría estaba coas datas erradas, non se correspondia o día da semana co número...), pero o certo é que a cousa non remata por callar.
O público asistente foi sempre moi crítico coa organización do festival e nesat edición tamén. A xente consultada por ArroutadaNoticias.com coincide toda no mesmo sentido "aqui o que falla é a organización" era a frase máis repetida esta fin de semana en Vilagarcía. Entradas caras tendo en conta o nivel doutros anos, a pasada edición o abono por tres días anticipado custaba 45€, nesta ocasión o prezo por só dous días ascendía a 50€ (60€ en taquilla) e cun cartel bastante inferior.
Por outra banda o que tamén fallou nesta ocasión foron os típicos postos de venda de material que este ano reducíronse case en exclusiva aos dos grupos, segundo fontes consultadas por ArroutadaNoticias.com na pasada edición o prezo por tres días fora de 360€, esta ocasión a organización pedia 400€ por só dous días (e cos escenarios en dous recintos separados).
O que moitos tamén criticaron foi os constantes cambios na localización dos escenarios, un ano no mesmo recinto, outro ano en dous recintos, outro en FEXDEGA ouro nun campo de futbol, nuha ocasión fixerono en Compostela, nunha edición dous días noura tres... ...
Xa por rematar a vaga de críticas a pouca de publicidade
que a organización fixo do Festival, non houbo, por exemplo, carteis polos Campus (canda menos non en todos) a pesar dos numerosos patrocinadores -públicos na súa maioría-.
Agardamos que para vindeiras ocasións a organización do evento (Promocións Culturais Independentes) procure darlle saída o todos eses problemas e que acaden un maior éxito de público, quen é que lle da sentido a calquera envento deste estilo.
Máis información: www.festivaldonorte.com.
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|