|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
CIG denuncia a actuación policial contra
mozos e mozas que protestaban pola política de emprego do
PP no Galiemprego
Redacción,
29 de abril 2005. O
evento é un acto electoral do PP montado como parte da
campaña de Fraga.
A Confederación
Intersindical Galega denuncia a actuación policial
contra uns mozos que protestaban pola política de emprego
do Partido Popular no acto de inauguración de Galiemprego.
A resposta das forzas policiais demostra que Fraga non está
disposto a aceptar que ninguén cuestione a súa
política, nin de emprego, nin calquera outra e que para
iso, está disposto a recorrer a calquera tipo de medida
represiva.
A CIG denuncia tamén que mentres o
goberno do PP gasta miles de euros nestes eventos publicitarios
para vender a súa inexistente política de emprego,
“centos de mozos e mozas teñen que marchar á
emigración para poder atopar un traballo mentres Manuel
Fraga sae na foto en actos propagandísticos como este”.
A
política de Fraga canto a creación de emprego
resúmese en manipular as estatísticas, prometer
pleno emprego, cando non conseguiu reducir o desemprego existente
nin frear a lacra migratoria que padece Galiza, e en celebrar
festas e demais eventos.
RELACIONADO: *Galiza
Nova demanda máis emprego e menos propaganda no
Galiemprego *Os
CAF denuncian o acontecido no Galiemprego
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|