|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Os
CAF denuncian o acontecido no Galiemprego
Redacción,
29 de abril 2005.
Os
Comités Abertos de Faculdade (CAF)
queremos denunciar os feitos acontecidos esta mañá
na feira de Galiemprego no pazo de congresos e
exposicións.
Varios
membros dos CAF e Galiza Nova interviron na sesión
inaugural de Galiemprego para reclamar “máis emprego
e menos propaganda” ao goberno da Comunidade Autónoma
Galega. A protesta foi duramente reprimida pola Policía
Española e os escoltas personais de Manuel Fraga, que
identificaron a todas e todos os participantes e detiveron
arbitrariamente a varios militantes, nunhas imaxes que foron
censuradas no telexornal da TVG apesar de recoller a noticia nos
teletipos da súa páxina web.
Actualmente
permanece retido un compañeiro de 18 anos na comisaria da
Policía Nacional de Compostela, na rúa Rodrigo de
Padrón.En solidariedade con este compañeiro e en
exixencia da súa inmediata liberación, os CAF e
Galiza Nova ,organizacións na que participa o mozo,
convocan unha concentración urxente para ese mesmo día,
ás 20:00 na Alameda de Santiago. Varios diputados
nacionalistas xa se interesaron pola súa situación,
sen que até o momento poidamos saber máis que o
motivo da súa detención: unha suposta “agresión”
a un policía que se tería ferido nun dedo. No
entanto, foron varias as persoas contusionadas pola policía
que se achegaron ao hospital a solicitar unha exploración
médica.
Dende os CAF non podemos quedar calad@s ante
estes feitos e esiximos a posta en liberdade sen cargos do noso
compañeiro.
RELACIONADO: *Galiza
Nova demanda máis emprego e menos propaganda no
Galiemprego *A
CIG denuncia a actuación policial
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|