|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
afirma que a súa imaxe debatendo con Zapatero sobre o
autogoberno de Galiza é a imaxe do futuro
Redacción,
29 de abril 2005. “A
imaxe dun futuro no que Galiza teña un presidente que lle
fale de ti a ti ao presidente do goberno central”. “O
PP e o PsdeG equivócanse agochando os seus candidatos
porque a cidadanía quere escoitar as propostas que
ofrecemos cada un”. O Portavoz nacional e candidato á
presidencia da Xunta, Anxo Quintana, declarou onte que o BNG
é a única forza política capaz de rachar a
“invisibilidade que a política galega ten dentro da
política estatal” e que a imaxe que onte se puido
visualizar no Senado a través do debate co presidente do
goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, “é
a imaxe do futuro”.
“A
imaxe que se produce do Portavoz Nacional do BNG falando co
presidente do goberno sobre o autogoberno de Galiza é unha
imaxe de futuro. A imaxe dun futuro no que Galiza teña un
presidente que lle fale de ti a ti ao presidente do goberno
central. É o único xeito de que Galiza teña
unha presenza real e efectiva na política estatal”,
explicou Quintana aos xornalistas antes do inicio da conferencia
que , baixo o título “Modelo territorial do estado”,
impartiu na facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
O
portavoz nacionalista amosouse convencido de que esa será a
imaxe que se produza despois das eleicions do 19 xuño e cun
presidente nacionalista “acadaráse que Galiza
deixe de ser segundo plato no debate territorial e estea ao mesmo
nível que Euskadi e Catalunya”.
O líder
do BNG salientou que esta forza política foi capaz de
rachar “a invisibilidade” do País dentro da
política estatal, pois cando se fala de modelo territorial
só se alude a Euskadi e Catalunya. “Acadamos colocar
a Galiza dentro do debate cunha proposta de autogoberno propia
para Galiza”.
Neste sentido, Quintana fixo fincapé
na necesidade de “acostumarnos a que as necesidades de
Galiza teñan que ser resoltas con propostas decididas polos
galegos e con fórmulas ideadas dende Galiza e así é
como entende o debate o BNG sobre modelo de Estado”.
ESTRATEXIA
EQUIVOCADA
A preguntas dos xornalistas, Quintana
cualificou de “equivocada” a estratexia eleitoral que
están a seguir o PP e o PSdeG na precampaña.
“Equivócanse escondendo aos seus candidatos porque a
cidadanía quere escoitar aos aspirantes á
presidencia da Xunta para poder tomar unha decisión
práctica e cabal”, de aí, explicou, “que
o BNG e eu como candidato nacionalista esteamos a dar a cara e en
contacto directo coa xente”.
Quintana reprochou que
Fraga siga agochado. “Voulle a contar cada hora que pase”,
ironizou.
O candidato do BNG pronunciou unha
conferencia-coloquio sobre o modelo territorial ante un centenar
de estudantes aos que expuxo as propostas nacionalistas nesta
materia. En concreto, Quintana referiuse á trascendencia de
deixar resoltos tres asuntos no Novo Estatuto de Nación que
propugna para Galiza : a financiación, a blindaxe de
competencias exclusivas e a representación exterior do
País.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|