ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*A C.I.G. denunciará, perante o subdelegado do Goberno, un posible acordo ilegal adoptado pola Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas, e uns supostos casos de “mobbing”

Redacción 29 de marzo 2006 A C.I.G. di que no Concello de Ponteareas estanse a dar posíbeis casos de “acoso”, nomeadamente en afiliados da C.I.G., nos que participan algúns outros empregados (representantes ou afiliados da UGT, indican dende a central nacionalista) e algún membro do goberno municipal, co beneplácito doutros.

A C.I.G. denuncia a recusación feita por un empregado municipal na contra do Enxeñeiro Técnico Municipal, por un informe técnico que este emitiu negativamente, pola construcción dun muro “ilegal” na parroquia de Xinzo, que xa tiña aberto un expediente de reposición da legalidade, sendo emitido posteriormente outro informe favorábel por unha Arquitecta, da cal se descoñece a relación que ten nesta Administración, e que evidentemente non é a titular, xa que esta (a titular), ao parecer, non aceptou participar en tanta desfeita, xa que si figura no expediente de reposición da legalidade.

A C.I.G. denunciou perante o subsdlegado do Goberno a posíbel ilegalidade do acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión do 23-01-06, da “inclusión nas Bases para a cobertura con carácter interino de prazas reservadas para a contratación temporal de persoal laboral deste Concello, do posto de traballo de Director-Coordinador de Servizos Sociais, cando este posto non existe como tal”.

Voltar a novas

Ver anteriores