ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Galiza Nova Compostela convoca un acto contra a precariedade laboral este xoves ás 12 da mañá no servizo galego de colocación

Redacción 29 de marzo 2006 A organización xuvenil Galiza Nova, este xoves realizará unha acción de denuncia, onde os mozos e mozas irán até o servizo galego de colocación, ao carón do Parlamento galego no Hórreo, con maletas e mochilas, como denuncia pola precariedade laboral para a mocidade galega que se ve na obriga de emigrar.

Este acto, que será tamén unha representación irónica do que moitas persoas viven día a día quere ser tamén un xeito de pedir e reclamar ante a eminente elaboración dun Estatuto de nación para Galiza a inclusión dás competencias exclusivas en materia laboral.

Galiza Nova considera que Galiza ten que ter voz propia e poder decidir sobre o seu mercado laboral (actualmente un dos máis precarios e con maiores índices de riscos laborais do Estado) tanto nas areas lexislativas como nos apartados de procedementos laborais.

Para iso reclaman que se cree un marco galego de relacións laborais, e que este sexa desenvolvido cos distintos axentes socias implicados, para dar un cambio radical a situación da nosa mocidade e en xeral do pobo galego. Que apareza recollido no novo Estatuto, como xa se avanza na proposta do BNG, que a cidadanía galega ten dereito a traballar no seu país.

Por iso, a primeira parada desta acción será no Servicio Galego de Colocación, xa que actualmente este servizo fomenta a precariedade, a inseguridade laboral, a mobilidade, e a temporalidade no noso pais, indican. Este grupo de mozos e mozas como seguinte paso acudirán até unha das numerosas empresas de traballo temporal que hai na cidade compostelá, para denunciar tamén o papel que xogan estas empresas, que se lucran co dereito ao traballo, aseguran e para rematar acudirán á parada do ensanche do autobús que vai ao aeroporto de Lavacolla, para denunciar que en moitos casos se da coma única saída para a mocidade a emigración; unha solución que rexeitan, e polo que queren que se visibilicen outras saídas e propostas para a situación de precariedade da mocidade.


Voltar a novas

Ver anteriores