ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns

*“Con satisfacción, ilusión e paixón” afronta Galiza o partido desta noite contra Ecuador

Chuza! esta nova!
Adestramento da Selección GalegaRedacción 28 de decembro de 2006 “Con satisfacción, ilusión e paixón” segundo manifestou Fernando Vázquez, afrontan, os xogadores da Selección Galega de Fútbol, o partido que hoxe os medirá a Ecuador. O equipo galego adestrou onte á tarde en Abegondo, despois de que o fixera tamén Ecuador.

O adestramento transcorreu nun ambiente moi distendido, xa que todos os xogadores manifestaron a súa ledicia por acudir a esta segunda cita coa selección do seu país. Segundo Arsenio, todos “están ilusionadísimos por xogar, contentísimos. Todos foron moi puntuais e iso demostra as ganas que teñen de estar aquí”. O combinado galego, con vinte convocados, conta coas baixas de Míchel, Nacho Novo e Cabanas. A isto hai que sumar a ausencia de Sito ao que o seu club lle impediu viaxar cando xa tiña os billetes da viaxe.

No adestramento, faltaba o porteiro do Real Madrid, Diego López, que chegará esta mañá a Alvedro. Debido á súa ausencia, os seleccionadores galegos chamaron a Darío, xuvenil do Deportivo, para participar no adestramento.Adestramento da Selección de Ecuador

Tamén hoxe (ás 13h) está prevista a chegada de dous xogadores fundamentais para o combinado de Ecuador: Christian Lara e o capitán, Iván Hurtado.

Hoxe os seleccionados están citados no hotel de concentración (NH Coruña) ás 12h para xantaren xuntos, e posteriormente trasladaranse ao estadio de Riazor, ás 19.30h. A foto oficial farase sobre o céspede ás 20.20h.

Concerto tralo partido

Despois do encontro, o día de festa pecharase cun festival de rock no Pazo dos Deportes de Riazor, que dará comezo despois das 22 h e no que actuarán Siniestro Total, Meu e Backyard Babies. As entradas custarán 5 euros.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade: