ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*O xoves comezan as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre no Porriño

Chuza! esta nova!
Redacción 28 de novembro de 2006 Do 30 de novembro ao 3 de decembro 2006 celebraranse no Concello do Porriño as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres promovidas e organizadas por AGNIX e co total apoio e implicación do actual goberno do concello.

O evento ten un atractivo programa que xirará ao redor de seis mesas temáticas e obradoiros técnicos, para os que contará cunha moi ampla participación de personaxes relevantes. Nesta ocasión haberá xentes do Brasil, Portugal e Galiza xa que a lingua é un dos motores das xornadas. Pénsase ter representantes da diáspora galega, principlamente de Hispanoamérica, en vindeiras ocasións. Podes inscribirte de balde aquí.

As xornadas contan co apoio de GALPon, Mancomun.org, Direción Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, CESGA e mailo Xacobeo.

A repercusión das xornadas de software libre que xirarán ao redor da canle común da lingua están a ter ampla repercursión no Brasil.

Máis información no web de AGNIX e no das xornadas.

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade:


Tu Nueva Figura