GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Comunicado da equipa técnica e artística da película "Los Muertos Van Deprisa" tras a suspensión da rodaxe

Rola prensa "Os Mortos..."Redacción 28 de setembro de 2006 O equipo técnico e artístico da película “Los Muertos Van Deprisa”  dirixida por Ángel de la Cruz  quere manifestar o seguinte:

A día de hoxe  27 de setembro de 2006, quinto día de rodaxe da película, coa totalidade do equipo artístico e técnico en rodaxe, oitenta e cinco persoas contratadas pola produtora e un número de 60 persoas de figuración,  a media mañá e mentres se rodaba unha secuencia da mesma, comunicóusenos a suspensión da rodaxe. Sen previo aviso e por sorpresa.

O equipo considera a situación de moi grave, tratándose ademais dunha película con un 99% de equipo galego, e que esta cancelación de rodaxe crea un precedente moi difícil de levantar no futuro.

Ademais da situación laboral que se lles presenta ós traballadores, esta nota de prensa quere manifestar a situación na que queda o concello de Ribadeo, e o pobo de Rinlo completamente involucrados no proxecto, cunha maioría dos decorados montados, exteriores e interiores.

Así e todo, a nosa última aspiración sería poder rematar esta película no prazo de tempo máis curto posible, co equipo actual e co director Ángel de la Cruz, polo que pedimos a quen corresponda tome as medidas oportunas.

Preme nas fotos para ampliar:

Rolda de prensa 1 Rolda de prensa 2 Equipas Rodaxe



Voltar a novas

Ver anteriores