GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Comezan os preparativos para a IV feira de outono de Ponteareas

Redacción 28 de setembro de 2006 Asociacións xuvenís, ecoloxistas e culturais e produtores ecolóxicos de Ponteareas e da Comarca comezaron xa os preparativos para a IV Feira de Outono de Ponteareas.

Este ano a cita será os días 4 e 5 de Novembro. O lugar cambia esta edición respecto ás anteriores: será no Pavillón das Monxas, un espazo cerrado ante as previsións de choivas, ao que tamén hai que sumar as obras que en breve comezarán na Praza Maior que imposibilitan a súa utilización.
 
As actividades previstas na IV Feira de Outono de Ponteareas incluirán as XVII Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista Adenco, unha degustación de cogomelos, un xantar popular, o magosto tradicional, exposicións fotográficas e postos de produtos naturais, artesanía e de organizacións sociais. Ademais, os asistentes gozarán de música en vivo e de actividades para os máis pequenos. De feito, a organización pensa contar cun espazo para ludoteca dos nenos.
 
As entidades organizadoras fan un grande esforzo de novo para levar a cabo estas actividades, a pesar da case nula colaboración do Concello de Ponteareas, que aínda non lles abonou a axuda económica concedida para a pasada edición, un ano despois.


Voltar a novas

Ver anteriores