|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Os
Sete Magníficos máis Un actúan dentro da
programación cultural da Universidade de Vigo
Redacción
28 de marzo 2006 O
vindeiro mércores 29 de marzo ás 14.00 h.
presentarán no centro comercial da cidade universitaria de
Vigo o seu novo espectáculo de clown e novo circo“A
Cadeira Voadora”. O acto será libre e de balde.
Este
mércores 29 de marzo, o centro comercial da Cidade
Universitaria de Vigo (Campus de Lagoas- Marcosende), será
o escenario da actuación da compañía galega
Os Sete Magníficos máis Un, compañía
oficial do Festiclown. O acto, programado para as 14.00 h., será
libre e de balde.
A
compañía presentará o seu novo espectáculo,
A Cadeira Voadora, sexto da súa carreira, producido,
como os anteriores, polo Festival Internacional de Clown Galiza.
Como principal novidade, nesta nova producción, ademais dos
elementos clown característicos de todos os traballos desta
compañía, incorpóranse outras disciplinas
artísticas do mundo do circo, como maxia, acrobacias ou os
malabares, facendo deste espectáculo o máis completo
da súa traxectoria.
Seguindo a liña iniciada
cos seus anteriores espectáculos Manicomio só
para Clowns e O Gordo e o Calvo, en A Cadeira
Voadora Os Sete Magníficos máis Un recuperan
varias farsas clásicas do mundo do pallaso de circo,
algunhas delas da familia Colombaioni, que actualizan e incorporan
ao seu estilo para crear unha divertida obra cómica para
todos os públicos.
Esta nova producción, que
se estreou en Galiza o pasado mes de febreiro durante os actos de
celebración do entroido organizados polo Excmo. Concello de
Boiro, presenta, sen embargo, unha importante currículo de
preto de vinte representacións, xa que xirou por diversas
comunidades indíxenas en Chiapas (México), no marco
da III Caravana de Pallasos organizada e financiada polo
Festiclown no mes de setembro por aquelas terras.
Agora,
Os Sete Magníficos máis Un visitan o Campus
Universitario de Vigo para provocar, con toda seguridade, os risos
do público. O acto, organizado polo Vicerreitorado de
Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Caixanova
e xestionado por Coperactiva Cultural, é un dos tres
espectáculos de rúa comprendidos na programación
cultural de marzo e abril da Universidade de Vigo, que a pasada
semana achegou o enxeñoso espectáculo
de Capitán Maravilla, e o vindeiro mércores 5
de abril traerá ao artista arxentino Nanny Cogorno, co seu
espectáculo “Jujurujajá, El Desastre
Continúa”, presentado en Galiza durante o
Festiclown Compostela 2005.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|