|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG defende que Galiza se dote de competencias plenas sobre ensino
superior e dunha lei universitaria propria que derrogue de feito a
LOU
Redacción
28 de marzo 2006 Jorquera
e Pérez Orxe fixeron entrega do texto articulado de Novo
Estatuto ao reitor da Universidade
de Vigo, Domingo Docampo. Galiza debe dotarse de competencias
plenas sobre ensino superior e para iso debe aproveitarse o
proceso de elaboración do Novo Estatuto.
Así
llo transmitiron onte Francisco Jorquera e Cecilia Pérez
Orxe –coordenador executivo e secretaria de Imaxe e
Propaganda, respectivamente- ao reitor da Universidade de Vigo,
Domingo Docampo, durante a reunión na que os dirixentes
nacionalistas lle fixeron entrega do texto articulado de Novo
Estatuto que a formación frentista está a apresentar
á sociedade galega.
O
BNG coida necesario que Galiza teña competencias exclusivas
sobre o ensino en todos os seus tramos, de xeito que no que atinxe
ao universitario, e desde o pleno respeito á súa
autonomía, se poda adaptan os campus galegos ás
necesidades do aparato produtivo do país.
“Do
que se trata é de conseguir un sistema universitario galego
merecente de tal nome, cunha perfeita coordenación entre os
seus distintos centros e un financiamento adecuado. Ese sistema
universitario debería ser o pear da sociedade de
coñecimento á que Galiza debe aspirar”,
afirmou Jorquera. “É imposíbel pensarmos en
políticas públicas de apoio ao I+D+I sen contar coa
universidade galega”, acrecentou.
A xuízo do
dirixente nacionalista, Galiza precisa dunha lei universitaria
propria que derrogue pola vía dos feitos a LOU actual. “A
LOU atopou unha enorme resistencia no conxunto da comunidade
universitaria galega, nomeadamente entre os estudantes e amplos
sectores do profesorado. O que precisamos é unha lei
propria que leve aparellada unha memoria económica
suficiente para dotar de recursos aos campus galegos e que garanta
tamén que o proceso de elección dos órgaos de
dirección das universidades sexa máis democrático
e máis participativo”, alegou Jorquera.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|