|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*A
CIG non foi admitida no programa Debate da TVG
Redacción
28 de marzo 2006 “Non
lle chames debate, é un monologo con matices”. O
pasado luns día 27 de Marzo a TVG emitía o programa
“Debate” sobre a fusión das Caixas Galegas,
todas as persoas e organizacións presentes defendían
a fusión, non houbo voces diverxentes.
A CIG denuncia unha manobra de determinados sectores do PSOE co
fin dar
unha imaxe de apoio absoluto á fusión e anuncian
que: “Non
será tan doado calar a nosa voz e a dos traballadores/as
afectados pola reconversión si a fusión vai
adiante”.
Segundo
informan dende a CIG: Debater:
Tratar un asunto entre varias persoas, xeralmente con puntos de
vista distintos, estudando os seus diferentes aspectos.
(Dicionario da Real Academia Galega)
A
Dirección do programa “Debate” da TVG convidou
a CIG para pregravar unha pequena intervención de menos de
un minuto que sería emitida durante o programa. Dende a
CIG-Banca solicitouse estar presente no debate. Tanto polas
repercusións que para o emprego podería ter a
fusión-absorción, como por ser a única
organización cunha posición clara contra a absorción
de Caixanova pola Caixa Galicia. Lembrándolle por outra
banda que a CIG é a primeira forza sindical nas Caixas
Galegas.
Dende a Dirección da TVG indicouse que non
era posible debido ao formato fixo do programa. E que só
era posible a intervención pregravada tal como estaba
previsto pola Dirección da canle pública galega.
Posibilidade que foi rexeitada pola CIG-Banca.
A CIG
lamenta que finalmente o “debate” se converteu nun
monologo con matices a prol da fusión, e opinan que dende
determinados sectores do poder tentase dar unha imaxe de apoio
absoluto á fusión. A estes sectores, nomeadamente ao
PSOE, queren deixarlle claro que “excluír a CIG dun
programa de televisión pode ser doado mais non será
tan doado calar a nosa voz e a dos traballadores/as afectados pola
reconversión si a fusión vai adiante”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|