ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*O popular xogo do Monopoly terá a súa versión polas rúas de Vigo

Chuza! esta nova!
Redacción 27 de novembro de 2006 Biplano, axente para o estdo español e Portugal de Monopoly, e Hasbro, empresa distribuidora do mesmo, escolleron a cosmopolita cidade de Vigo para crear unha nova versión dun dos xogos de mesa máis populares do mundo. A partir de agora os galegos poderán xogar en casa movendo ficha polas rúas e avenidas máis representativas da cidade olívica.

A presentación oficial da versión terá lugar o próximo 30 de novembro, ás 12.00 horas no Museo Verbum - Casa das Palabras (Avda. Samil, 17) de Vigo.

Durante o acto celebrarase tamén un divertido mini torneo en vivo que dará o pistoletazo de saída á versión viguesa do Monopoly. Preto de 50 estudantes do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo competirán por ver quen é o mellor inversor inmobiliario.

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade:


Tu Nueva Figura