Publicidade
Contacto
|
*Rematou a rodaxe de Después de la lluvia, unha película para tv coproducida por produtoras de Galiza e Catalunya, e as tvs autonómicas TVG e TV3
Redacción 27 de novembro de 2006 Ficción Producciones e Diagonal TV á fronte da produción desta longametraxe na que todos os intérpretes son protagonistas. O pasado venres rematou a rodaxe da longametraxe Después de la lluvia, unha coprodución galego-catalá que levan a cabo as empresas Ficción Producciones de Galiza, e Diagonal TV de Catalunya, e na que colaboran tamén as televisións autonómicas de ambas as dúas nacións: TVG e TV3. A rodaxe levouse a cabo nunha soa localización en Sabadell, Barcelona, no Edificio Torre Millenium.
Esta longametraxe, na que todos as actrices e actores son
protagonistas, conta no reparto artístico con Candela Peña, Marina
Gatell, Olalla Escribano, Vicenta N’Dongo, Marisa Paredes, Jordi Bosch,
Álex Brendemühl, Roger Casamajor, Enric Majó e Secundino de la Rosa.
A película rodada para televisión, está baseada na obra homónima do
escritor Sergi Belebel, e guionizada polo non menos prestixioso escritor
Miquel Obiols.
Esta obra foi adaptada por Miquel Obiols e Agustí Villaronga, e á
fronte da dirección está Agustí Villaronga tamén. A produción executiva
corre a cargo de Julio Casal e Albert Sagalés, por Ficción Producciones e
Diagonal TV respectivamente. Manel Encina, Xavier Gil, Ana Álvar
González, Xela Navarro, Emma Tutusaus, Emmanuelle Badous e Natxo Ortúzar,
responsabilizáronse de axudar na dirección, da dirección de fotografía, a
dirección de arte, a de produción, do maquillaxe, vestiario e da xefatura
de son respectivamente.
Algo de historia… actual
A acción transcorre nunha gran cidade onde hai máis de dous anos
que non chove. A acción sitúase nun edificio dunhas oficinas de alto
standing, basicamente a azotea, os despachos, o elevador, as escaleiras
de emerxencia, os lavabos, a cafetaría e os corredores. É unha historia
coral de vidas cruzadas, con dez personaxes: 5 mulleres (Secretaria
Loira, Secretaria Castaña, Secretaria Pelirroxa, Secretaria Morena e
Directora Executiva) e 5 homes (Programador Informático, Xefe
Administrativo, Xefe de Persoal, Mensaxeiro Local Ascensorista). Uns
personaxes grises, correntes, solitarios e extraviados, que aproveitan as
súas fuxidas clandestinas á azotea para fumar -algo rigorosamente
prohibido-, pero tamén para fuxir dos seus problemas cotiáns, para
conspirar contra dos seus superiores, para exteriorizar as súas
angustias, para ligar, para soñar, para encher as súas solitarias vidas
e, en definitiva, para tentar buscar a felicidade… Eso si, mentrees
esperan á tan desexada choiva, e o día despois.
Con ironía e humor, a historia vaise trenzando a un ritmo
frenético. A cámara acompaña aos persoaxes, a uns e outros, por todo o
edificio, captando o seu estado anímico e persoal. Así é como os
relacionamos e coñecemos. Por exemplo: o misterio que envolve as vidas do
Programador Informático e a Secretaria Castaña; as conspiracións da
Directora Executiva; as obsesións e manías do Xefe Administrativo; a
dupla vida do Xefe de Persoal; as supersticións da Secretaria Pelirroxa;
os poderes mentais do Mensaxeiro; etc. E a historia vai así avanzando até
chegar a un certo final feliz. E se antes da choiva, baixo un ceo gris e
ameazador, cristalízanse amores, suicidios, traicións, situacións
cómicas, odios, cataclismos… e anhelos de tempestade (debería llover),
cando ao cabo chega a choiva, a tensión ráchase e o ambiente vólvese máis
cálido, sensual e máxico.
Ao remate, case todos os persoaxes atopan o seu camiño particular
cara un mundo quizais mellor. Unha maneira de acotar moitos dos temas que
plantexa a historia: o amor non correspondido, os perigos de crer no
destino, o medo á soedade, a necesidade de afecto, o retorno á natureza e
un desexo ambiguo de liberdade. E remata cunha fermosísima historia dupla
de amor vista como ao outro lado do espello.
Son dez vidas cruzadas contadas ao longo de tres días laborabeis,
sempre rodeados duns ciumes enigmáticos e expectantes.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|