|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns |
*Domínguez Oliveira presenta en Lugo o partido da Selección Galega Masculina de Baloncesto
Redacción 27 de xuño de 2006 As entradas para o partido Galiza-Xapón que se xoga o mércores ás 21.30h no Pavillón Municipal dos Deportes pódense mercar nas instalacións do Breogán en horario de 9.30h a 13.30h e de 17h a 20h.
Quino Salvo, seleccionador galego: “Todos os xogadores cos que falei non tardaron nin dez segundos en dicir que si á selección”.O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, presentou onte á mañá en Lugo o partido que o vindeiro mércores enfrontará á selección galega masculina de baloncesto coa selección de Xapón. Na rolda de prensa estiveron presentes os dous adestradores, Quino Salvo (adestrador do equipo masculino) e Juan Corral (adestrador do equipo feminino), o adestrador da selección galega de veteranos, Tonecho Lorenzo, así como o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco García e o concelleiro de Deportes de Lugo.
O adestrador do equipo galego, Quino Salvo, destacou que “Lugo é o lugar axeitado por tradición baloncestística”, e gabou tamén a actitude dos seus xogadores, xa que “todos cos que falei non tardaron nin dez segundos en dicir si á selección”.
Sobre o rival do mércores, Xapón, Quino Salvo dixo que era un equipo “novo, moi agresivo, e que fai un baloncesto rápido, dinámico e divertido, fronte ao que o principal problema será aguantar o seu ritmo de xogo porque os xogadores galegos están de vacacións e non están a tan bo nivel físico”.
Antes do partido das seleccións absolutas, ás 19.30h, o Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo acollerá un encontro de veteranos entre a selección galega masculina e a selección española. O adestrador dos veteranos galegos, Tonecho Lorenzo, destacou o altísimo nivel da súa selección, xa que máis de cinco foron internacionais con España. “Estou seguro –insistiu Lorenzo- de que se vai ver un gran partido porque ademais enfrontámonos á selección española”.
Santiago Domínguez animou a todos os afeccionados ao baloncesto de Lugo e de toda Galicia a mercar as súas entradas, “porque estou convencido –dixo- de que se van esgotar”. As entradas están á venda dende onte luns, nas oficinas do Breogán (Pazo Universitario de Lugo), dende as 9.30h ata as 13.30h e de 17h a 20h.
A seguir incluímos as listas de convocados da selección galega, absoluta e de veteranos:
SELECCIÓN ABSOLUTA MASCULINA
Xogadores:
JULIO GONZÁLEZ SÁNCHEZ
RUBÉN FERNÁNDEZ VILA
LINO LÓPEZ AMADO
JAVIER ROMÁN MASEDA
MANUEL GÓMEZ TAJIAO (MANU GÓMEZ)
JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ VÁZQUEZ (SONY)
JOSÉ RAMÓN ESMORIS ESMORIS
JOSÉ LUIS FERNANDEZ SIXTO (LUCHO FERNÁNDEZ)
JAVIER RODRÍGUEZ PÉREZ
FRAN VÁZQUEZ SÁNCHEZ
JOSÉ ANTELO PAREDES
JOSÉ GERARDO RAMA VÁZQUEZ (COKE RAMA)
Técnicos:
QUINO SALVO
JESÚS COBIAN VAZQUEZ
EMILIO SUAREZ SOTO
JORGE IGLESIAS
Árbitros:
CARLOS CORTES REY
DAVID GUILLAN RIVERO
IGNACIO DOMINGUEZ LA TORRE
SELECCIÓN GALEGA MASCULINA DE VETERANOS
Xogadores:
JOSÉ CONDE GAYOSO
RICARDO ALDREY REY
JULIO BERNARDEZ ALVAREZ
MANEL SÁNCHEZ VÁZQUEZ
MANOLO ALLER CARBALLO
MIGUEL JUANE SÁNCHEZ
SUSO FERNÁNDEZ LÓPEZ
MIGUEL LOUREIRO RICO
JOSÉ MANUEL CALVELO CARRACEDO
FRANCISCO CRUJEIRAS ROMERO
JUAN CARLOS BARROS MARTÍNEZ
MIGUEL PIÑEIRO
JOSÉ LUIS DIAZ
FERNANDO ROMAY
Árbitros
ALEJANDRO ALCALDE VARELA
JOSE CARLOS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Fonte: web do deporte galego (Dirección Xeral Para o Deporte)
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|