ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Venezuela: revelan datos sobre o plan de magnicidio


Redacción, 27 de xuño 2005. Confirmado: opositores venezolanos confabúlanse con paramilitares colombianos e contrarrevolucionarios de orixe cubano nun plan golpista contra o presidente Hugo Chávez.

A
revelación presentada polo diario venezolano VEA, que cita "medios políticos oficiais" sen identificar, coincide con investigacións dunha comisión parlamentaria especial que pediu declarar estado de excepción en zonas da fronteira con Colombia.

A
denuncia de VEA indica que nos plans anticonstitucionais está involucrado Pedro Carmona, quen se autoproclamou presidente durante o golpe de estado de abril de 2002 e actualmente reside en territorio colombiano.

Carmona, de acordo coa fonte, asistiu a semana pasada a reunións "con xefes da chamada Autodefensa Colombiana e enviados do exilio cubano en Miami" en violación das normas do asilo político concedido polas autoridades do veciño país.

As fontes indicaron que o grupo promotor da tentativa golpista ten estreitas conexións en Caracas con propietarios de medios de comunicación e ex oficiais vinculados a accións golpistas.

No novo proxecto os paramilitares colombianos xogarían o papel de tropa de choque para atacar a unidades do exército venezolano e con ese fin algúns grupos paramilitares estaríanse concentrando nos estados Lara e Portuguesa.

As reunións en Bogotá son organizadas "por axentes de Miami, quen contan coa participación dos paramilitares colombianos da ultradereita", de acordo coa versión de VEA.

Onte unha comisión parlamentaria venezolana que estudou o caso dun grupo de paramilitares colombianos capturados en 2004 propuxo declarar estado de excepción en varias zonas da fronteira con Colombia debido á sospeita de plans contra Chávez.

A comisión especial foi creada logo de denuncias de movementos sospeitosos na propiedade dun contrarrevolucionario de orixe cubano que llevou ao arresto de 116 colombianos, entre eles varios menores de idade.

Paralelamente ao informe da comisión, o vicepresidente do Parlamento venezolano Ricardo Gutiérrez solicitou ás autoridades pedir aos gobernos amigos adoptar as medidas necesarias para impedir que nos seus territorios se realicen plans contra Venezuela.

Precisou que en encontros en territorio colombiano e panameño fanse plans concretos para retomar os esquemas do golpismo e asasinar a Chávez.

Prensa Latina



Voltar a novas

Ver anteriores