ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Bolivia en horas de definicións


Redacción, 27 de maio 2005. Miles de labregos, mineiros e outros sectores populares cercan A Paz e conflúen sobre ela, esixindo a nacionalización dos hidrocarburos e unha Asemblea Constituiente. O imperialismo estadounidense pola súa parte, ve como unha amenaza para a súa seguridade o que denominan: populismo radical, encarnado en figuras como Evo Morales, Abel Mamani, Jaime Solares, entre outros dirixentes. Mentras, no oriente boliviano, as oligarquías cunha política separatista intentan levar adiante un referendun a favor da autonomía rexional.

"Se até o venres 27 de maio o goberno e os parlamentarios non responden ás nosas demandas de convocar á Asemblea Constituinte e nacionalizar os hidrocarburos (...) as maiorías nacionais radicalizaremos as medidas de presión en todo o territorio nacional", advirtiu o pasado martes, o secretario executivo da Confederación Sindical Única de Traballadores Campesinos de Bolivia (CSUTCB), Román Loayza. O dirixente sinalou que a paciencia ten un límite e "a paciencia de labregos, indíxenas, orixinarios, sen terra, colonizadores, cocaleros, mulleres labregas e de outros sectores populares estase acabando".

A
s palabras do dirixente sindical, se corroboran minuto a minuto. No momento de realizarse este despacho, na ciudade d'A Paz hai máis de 30 mil persoas que ingresaron en distintas marchas a partir do luns 23. Ese mesmo día na ciudade d' O Alto, que rodea á capital boliviana, declarouse un paro indefinido.

Desde as primeiras horas do 23, os alteños bloquearon a autopista á ciudade d'A Paz. Os veciños, á cabeza de Abel Mamani, presidente da Federación de Xuntas Veciñais, comezaron a bloquear as principais rutas, paralisando o comercio e todas as actividades públicas e privadas. O executivo da Federación de Choferes d'O Alto, René Vargas, confirmou estas apreciacións e dixo que pouco a pouco o paro cívico d'O Alto está paralisando o transporte, produto das manifestacións de mestres, estudantes, universitarios, traballadores e desocupados, todos eles afiliados á Central Obreira Rexional.

O apumallku do Consello de Suyos Aymaras e Quechuas do Qullasuyo, Sixto Jumpiri, informou que están bloqueadas as vías A Paz-Desaguadero, A Paz-Oruro, camiño a Tambo Quemado e Achacachi até Apolo.

"O maxisterio sumase ás marchas pola nacionalización dos hidrocarburos. Queremos recuperar todos os nosos recursos naturais", dixo a dirixente Wilma Plata, quen confirmou que a maioría dos centros educativos xa suspenderan as aulas escolares.

Martes 24

Miles de manifestantes que marchaban polas rúas d'A Paz, foron reprimidos polos efectivos policiais. O principal dirixente do Consello Nacional de Ayllus e Markas do Kollasuyo (CONAMAQ), Vicente Flores, informou que cando realizaban unha movilización pacífica polo centro da ciudade, foron reprimidos con gases e balins. "Desde mañá cambiaremos as nosas wiphalas por hondas, paus e pedras, xa non permitiremos máis atropelos", advertiu Loayza. Todas as organizacións do "Pacto de Unidade" están instruidas para radicalizar medidas de presión se até o venres 27 non receben solucións concretas ás suas demandas.

Mércores 25

O goberno dispuxo hoxe á militarización da praza Murillo, no centro do poder político en Bolivia. A decisión, tomada no tercer día de movilizacións sociais busca preveer unha eventual toma do Palacio de Goberno e no Parlamento, anunciada desde hai varios días.

Cando miles de personas realizaban marchas de protestas esixindo a nacionalización dos hidrocarburos, a renuncia do presidente, o peche d Parlamento e intentaban ingresar á Praza Murillo, policías, apoiados por militares, dispersaron a manifestantes, que fixeron extoupar pequenas cargas de dinamita (cachorros). Ao mesmo tempo o centro da cidade estaba paralisado e o tráfico suspendido por bloqueos organizados por estudantes da Universidade Maior de San Andrés.

Mentras tanto, O Alto mantén por tercer día consecutivo o seu paro de actividades.

O presidente Mesa

O presidente boliviano, partiu na tarde do 24 desde o Palacio Presidencial, escoltado por catro coches policiais cara a residencia Presidencial, na zona de San Jorge, onde abordou un helicóptero que o transportou á aeroporto de O Alto. Desde alí partiu cara a ciudade de Sucre, onde se conmemora o 196 aniversario do departamento de Chuquisaca e un novo aniversario do levantamiento de maio que os chuquisaqueños reclaman como o primeiro berro libertario de América.

Desde alí expresou: "Estou cumprindo co meu deber e o farei até o último día do meu mandato que remata o 6 de agosto de 2007. Non pasa pola miña cabeza renunciar ao cargo porque a miña obriga como cidadán é cumprir o mandato da Constitución, por difícil que sexa o cumprimiento dese mandato.

Onte o presidente non puido volver ao centro deo poder político de Bolivia; o cerco Á Paz de labregos, mineiros, alteños e distintos sectores populares impediullo.

O imperialismo preparase

Os Xefes das Forzas Armadas e sectores civiles bolivianos foron advertidos o lunes 23 de que Estados Unidos ve como unha amenaza á súa seguridade o “populismo radical”, “narcotráfico”, “terrorismo” e “guerrillas” en Sudamérica, especialmente na rexión andina, situación que, inclusive, podería dar lugar a unha intervención “por invitación”. Encadrado nese esquema o director da institución Seguridade e Democracia, Juan Ramón Quintana, non descartou "Unha intervención, mediada polo manto das Nacións Unidas e a OEA podería darse no escenario boliviano".

Fontes: Agencia Walsh Bolpress, Econoticias Bolivia, Prensa Latina, La Nación

Voltar a novas

Ver anteriores