|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*TELESUR:
a nova voz de América
Redacción,
27 de maio
2005. Foi o 24 de maio, á mediodía, a 183 anos
da Batalla de Pichincha que selou a Independencia del Sur
da Grancolombia, de Quito. Esta vez a clarinada do novo
sinal de proba do primero medio televisivo dos pobos do sur do
continente americano, deuse no complexo cultural
Teresa Carreño de Caracas. A Televisora do Sur é
unha empresa multiestatal integrada pola República
Bolivariana de Venezuela, Arxentina, Cuba e Uruguai e transmitiu
onte 10 minutos de avances promocionais desde os canales VIVE TV e
Venezolana de Televisión.
Telesur
está presidida polo Ministro venezolano de Comunicación
Andrés
Izarra e o seu sinal foi colocada por Venezuela no satélite
NNS (New Ski Satellite 806) o que permite cubrir por agora
América, Europa Occidental e o Norte de África.
Por
agora, a estación conta con corresponsalías en
Caracas, Bogotá, A Paz e Brasilia. Despois abriránse
en Bos Aires n'A Habana. En dicembro proxectanse
as de México Washington.
O director de Telesur,
Aram Aharonian, ofreceu para el próximo 24 de xullo,
aniversario do natalicio do Libertador, o inicio das transmisións
regulares, con unha programación de 24 horas, das cales o
40% será informativa. Durante a mañá os
televidentes poderán acceder, alén das noticias
correspondentes, a un espazo de análise diario sobre o que
acontece diariamente na rexión.
Logo dos
informativos, a audiencia poderá desfrutar de espazos onde
terán cabida as produciones latinoamericanas
non-hollywoodescas, memorias e documentais. Para ver os procesos
históricos, a estación ofrecerá un segmento
denominado “Memorias del Fuego”. A música, pola
súa parte, será protagonista das seccións
“Sones y Pasiones”.
Así, unha nueva
visión de América para o Mundo, esperase
para dentro de poucos días. A equipa traballa
incansabelmente. No lanzamento Izarra sentenciou que nunca a
liberdade de expresión estivo tan viva como na Venezuela de
hoxe, o que desdí as declaracións extremistas de
Estados Unidos, xa que en Venezuela non hai un só
xornalista preso ou un medio pechado.
A estación
dará paso aos produtores independentes, á noticia e
aos protagonistas ocultados polos grandes medios transnacionais e
será a nova imaxe noticiosa do subcontinente
americano.
(Altercom,CCS,24 de mayo de 2005)
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|