|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
viaxa a Arxentina e Uruguai para dar a coñecer o programa
de goberno co que o BNG garantirá a igualdade de direitos
para os emigrantes
Redacción,
27 de maio
2005. O
candidato
nacionalista á
presidencia do Goberno galego manterá entrevistas co
vicepresidente arxentino Scioli e o presidente uruguaio Tabaré
Vázquez. O portavoz nacional do BNG
e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, iniciará
o próximo domingo unha viaxe a Arxentina e Uruguai, onde
será recibido polo vicepresidente da República de
Arxentina, Daniel Osvaldo Scioli, e polo presidente da República
Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez, entre outras
instancias políticas e sociais destes países.
Quintana
partirá de Lavacolla o domingo 29 de Maio ás 20.40
horas e retornará a Peinador o xoves 2 de Xuño ás
8.35 horas.
O
líder nacionalista vaise desprazar a América
acompañado pola candidata nº 7 pola provincia de
Pontevedra e Coordenadora do BNG para Europa e América
Latina, Ana Miranda, co obxecto de explicar aos galegos no
exterior o programa de goberno co que a formación
nacionalista concorre aos próximos comicios do 19 de
Xuño.
O obxectivo do Goberno nacionalista será
o de garantir aos emigrantes galegos os mesmos direitos que
desfrutan os cidadáns e as cidadás que residen en
Galiza.
Á delegación sumáranse, en
Arxentina: o presidente da Federación de Sociedades galegas
e responsábel do BNG nese País, Francisco Lores, o
concelleiro do BNG en Corcubión Rafael Mouzo e o alcalde de
Rairiz de Veiga, Xaquín Rodríguez, e en Uruguai:
Manuel Saa, portavoz do BNG.
A axenda do candidato
nacionalista á presidencia da Xunta comezará cunha
reunión co vicepresidente de Arxentina, Daniel Osvaldo
Scioli, con quen vai abordar as futuras relacións
internacionais entre Galiza e ese País e o fluxo migratorio
entre ambos, que se espera frutifiquen en proxectos sociais,
culturais e económicos conxuntos.
Tras este encontro
institucional, Quintana visitará o histórico Centro
Galego, para que a súa direitiva lle traslade as principais
demandas do colectivo, e despois se trasladará a
Avellaneda, onde coñecerá o proxecto de Centro de
Día, que xa está sendo obxecto de estudo da
Deputación de A Coruña; trátase dun centro
que funciona con escasos meios pero que está desenvolvendo
unha función social e de vinculación coas persoas
maiores moi importante, froito do traballo da Asociación
Civil Fillos de Boiro.
O acto principal da súa
estadía en Arxentina será en Bos Aires, na
Federación de Asociacións Galegas onde, tras coñecer
as instalacións e o proxecto do Museo da Emigración
Galega, intervirá nun acto público no Teatro
Bambalinas, ao que xa confirmaron a súa presenza, para
transmitir o seu apoio ao BNG, o premio novel da Paz, Adolfo
Pérez Esquivel, e diferentes representantes de partidos
políticos arxentinos, de ONGs como Nais ou Aboas da Praza
de Maio, etc..
COLABORACIÓN CO FRENTE AMPLIO
URUGUAIO
En canto á súa viaxe a
Montevideo, salientan os encontros co Presidente, Tabaré
Vázquez, e co vicepresidente, Rodolfo Nin Novoa, ambos de
orixe galega, cos que falará de temas tan importantes como
a situación dos cidadáns uruguaios residentes en
Galiza e no Estado, que o BNG vén defendendo dende todas as
cámaras onde ten representación para que o goberno
español cumpra o tratado bilateral hispano-urugaio de Paz e
Amizade de 1870, vulnerado pola lei de estranxeiría.
Asemade,
Quintana trasladará a Tabaré Vázquez o apoio
do nacionalismo galego ao novo goberno urugaio, dadas as relacións
do BNG co Frente Amplio, e lle fará unha radiografía
da situación política actual de Galiza, ante unha
eventual colaboración tras o 19 de Xuño, pois
Uruguai conta con máis de 27.000 galegos e galegas.
Tras
unha visita ao Padroado da Cultura Galega e tras a súa
participación nunha audición de Galiza Sempre,
a audición radial máis antiga do mundo en lingua
galega, celebrará un acto público dirixido á
colectividade galega, no que tamén participarán
diversas asociacións de familiares de emigrantes uruguaios
en España como a Rede Diáspora, en agradecimento
pola iniciativas realizadas polo BNG.
Quintana
retornará a Galiza –en concreto chegará a
Peinador- o próximo día 2 de Xuño, a primeira
hora da mañá.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|