ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Anuncian a maior ofensiva antiguerrilleira en Bagdad


Redacción, 27 de maio 2005. O goberno iraquí prevé empregar 40 mil membros das “forzas de seguridade” na maior operación contra a resistencia á ocupación en Bagdad, informou hoxe Sadoun al Dulaimi, ministro de Defensa.
A
operación militar contará con tropas dos Ministerios do Interior e de Defensa e está dirixida a aniquilar toda presencia rebelde na capital iraquí.

Al Dulaimi explicou que o plan operativo propón a división da capital en sete sectores principais, sobre os cales actuarán as forzas conxuntas.
A
s declaracións feitas á prensa polo ministro sucederon a unha serie de ataques realizados este xoves por elementos da resistencia a obxetivos das “forzas de seguridade”, do goberno e contra colaboradores das tropas ocupantes.

O ministro engadiu que esa será a etapa inicial dun grupo de medidas de seguridade que se elevarán segundo os casos a todo o territorio do país árabe.

Analistas militares subliñaron que se pretende estabelecer un anel ao redor da capital para bloquear -mediante illamento- as canles insurxentes.

Tras expoñer que esa é unha das formas de destruir a infraestrutura da guerrilla, Al Dulaimi afirmou que "ninguén poderá penetrar ese bloqueo".

Ademais do illamento da capital, o ministro de Defensa iraquí anunciou que na masiva operación se aplicarán outras variantes sen precedentes.

A ofensiva pronosticada polo goberno sucede á operación de detección e eliminación de focos guerrilleiros que se executaron nas rexiones central e austral, como se lanzaron contra localidades nas provincias de Al Anbar y Babilonia.

Actualmente, ao redor de un millar de soldados norteamericanos e iraquíes realizan unha operación de ese tipo na localidade de Haditha no oeste deste país do Golfo Pérsico.

Fontes castrenses aseveraron que nesas accións os militares prenderon a 10 presuntos membros da resistencia, pero non houbo fonte independente capaz de confirmar a filiación dos detidos.

Fonte: Prensa Latina





Voltar a novas

Ver anteriores