|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Tregua
en Bolivia
Redacción,
27 de maio
2005. Onte
o
presidente Carlos Mesa, deixou entrever que decretaría a
convocatoria á Asemblea Constituinte. As presións da
dereita fixerono desistir e o seu ministro de Goberno terminou
aludindo a unha conxura para derrocar ao goberno. En tanto,
hoxe, os movementos sociais deron unha tregua en virtude da
celebración do Corpus Christi.
Na
tarde de onte fontes gubernamentais revelaron que o presidente
Mesa daría a coñecer un decreto de convocatoria á
Asemblea Constituinte. Máis que un rumor isto transformouse
nunha realidade, xa que se citou aos xornalistas para realizar un
anuncio trascendental. A posibilidade da convocatoria á
“Constituinte” motivou que os sectores da dereita
atacaran ao presidente. Luís Eduardo Síles, voceiro
do MNR, expresou que “Concluiu a era da democracia en
Bolivia se o que xunta máis xente impresiona ao títere
de Presidente que temos, como para facerlle aprobar o que sexa",
ao mesmo tempo, un representante dos autonomistas, o presidente do
Comité Cívico de Tarija, Francisco Navajas, advertiu
que esta decisión precipitada era "un novo desacerto
do Presidente que polarizará aínda máis ás
rexións do país".
O
ministro de Gobierno José Galindo foi o protagonista da
conferencia de imprensa onde afirmou que existiu a idea de
convocar á Asamblea Constituinte vía decreto, pero
que a decisión de facelo debía de tomarse previo
consenso “cos dous extremos do problema”. É
dicir o pobo e as oligarquías ligadas ao imperialismo.
Galindo foi máis alá aínda e referindose ao
presidente dixo que este non tomaría parte nesta coxuntura
senon como árbitro. Poñendo a Carlos Mesa a xogar o
papel dun Bonaparte degradado, o ministro dixo: "O Presidente
non debe de ser parte do problema. Pretende ser un pai que resolva
a desputa entre os seus fillos". A continuación o
ministro sostivo que o goberno é vítima dunha
conxura e culpou a sectores sindicais – sen aclarar
cales- de receber cartos de sectores conservadores –tampouco
aclarou cales eran.
Como adoita pasar nestos casos as
críticas sobre o Poder Executivo choveron pola esquerda e
pola dereita.
Tregua e pronunciamientos
O
"Pacto de Unidade" que nuclea ás organizacóns
labregas, indíxenas, sen terra, colonizadores, mulleres do
agro, docentes e outras do movemento social boliviano acordaron
unha tregua para onte xoves, respectando as celebracións
relixiosas de Corpus Christi.
Sen embargo antonte, a
movilización popular extendeuse
ás cidades de Cochabamba e Sucre. En Cochabamba, propúxose
a toma do Comité Cívico e da Refinería
Gualberto Villarroel, pero a renuncia intempestiva do líder
da entidade cívica postergou a acción e en Sucre os
manifestantes enfrontáronse
coa policía nas inmediacións da praza central da
cidade.
Nesta crise, aínda sen ter un papel activo,
as Forzas Armadas Bolivianas que teñen un rol importante na
vida de Bolivia, foron o único sostén que ten Carlos
Mesa para manterse no goberno. Non embargante na fin de semana
existiron rumores de golpe de Estado, que foron desmentidos polas
cúpulas militares. O que non puideron ocultar os xenerais
foi a proclama dada a coñecer polo grupo autodenominado
"Movimiento Militar Generacional", encabezado polos
Tenentes Coroneies Julio Cesar Galindo y Julio Herrera. Os
militares expresáronse
a favor “da renuncia do Presidente Carlos Mesa, rexeitando a
sucesión constitucional; o peche do Parlamento, a
convocatoria inmediata da Asemblea Constituinte, a conformación
dun pacto civil-militar para dirixir ao país ligando aos
militares á defensa dos intereses nacionais, a
nacionalización dos hidrocarburos, e o rexeitamento ás
autonomías reclamadas polas oligarquías de Tarija e
Santa Cruz". O xeneralato, restou importancia a esta proclama
e estuda a posibilidad de sancionar aos dous tenentes coronel.
O
dirixente da Confederación Sindical Única de
Traballadores Campesinos de Bolivia (CSUTCB), Román Loayza
afirmou: "Rexeitamos todo intento de golpe de Estado, veña
de onde veña. O noso movemento é para fortalecer o
sistema democrático, pero tamén para defender a
unidade e integridade nacional. Os máis de 5 mil marchistas
permaneceremos n'A Paz pero con accións pacíficas.
Se nos provoca a policía imos reaccionar”. E Evo
Morales dixo que "As forzas armadas teñen a tarefa de
defender o territorio nacional, de evitar a división de
Santa Cruz, se non o fan demostrarán que só serven
para matar indios e obreiros".
Fontes:
Axencia Walsh, Bolpress, Econoticias Bolivia, Prensa Latina
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|