ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*IV Congreso da CIG, os días 28 e 29 de maio


Redacción, 27 de maio 2005. A Confederación Intersindical Galega celebra o seu IV Congreso os días 28 e 29 de maio no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, baixo o lema “Organización e loita. Garantía de Dereitos e liberdades”. O Congreso é o órgano soberano da Confederación Intersindical galega. Convócase cada catro anos e nesta ocasión cóntarase coa participación de 605 delegados/as, dos cales 500 foron elixidos nos distintos territorios e sectores proporcionalmente á afiliación, 99 como membros do actual Consello Confederal e 6 da Comisión de Garantías.

O Congreso ten
competencias para aprobar ou modificar os estatutos e o programa; analizar a xestión dos demais órganos de goberno confederais a nivel nacional; coñecer os estados de contas e aprobalos, se é o caso; definir as orientacións básicas da política sindical confederal; elixir Secretario ou Secretaria Xeral e Executiva Confederal; elixir a Comisión de Garantías e coñecer e decidir todas aquelas cuestións que os estatutos e os regulamentos expresamente lle atribúan e aqueloutras que se lle sometan respectando os estatutos.

Organizacións sindicais convidadas ao IV Congreso da CIG:

Federación Sindical Mundial (FSM), Valentín PACHO QUISPE, Secretario Xeral Adxunto

Arxentina
Central de Trabajadores Argentinos, CTA,
Victor MENDIBIL, Secretário Gremial

Canarias
Intersindical Canaria, IC,
Lucy RODRÍGUEZ, Secretária de Relacións Internacionais, Miguel Angel NAVARRO, membro do Secretariado Nacional

Cataluña
Intersindical - Confederació Sindical Catalana I-CSC,
Isabel PALLARÈS I ROQUÉ, Secretária Xeral, Carles SASTRE I BENLLIURE, Secretário de Acción Sindical

Intersindical Alternativa de Catalunya, IAC, Angel JIMÉNEZ, membro do Secretariado USTEC/IAC, Assumpta CAPALVO, membro do Secretariado CATAC/IAC

Chipre
Pancyprian federation of Labor, PEO,
Christos TOMBAZOS, Secretario Executivo

Cuba
Central de Trabajadores Cubanos, CTC,
Leonel GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Secretario de Relacións Internacionais

Estado Español
Unión Sindical Obrera, USO,
Benito LÓPEZ GONZÁLEZ, Secretário Xeral

Euskal Herria
Eusko Langileen Alkartasuna, ELA,
José ELORRIETA, Secretário Xeral
Langile Abertzaleen Batzordeak, LAB, Rafa DIEZ USABIAGA, Secretario Xeral, Jesús Mª GETE OLARRA, Secretário de Relacións Internacionais

Francia
Confédération Générale du Travail, CGT,
Christian PELTAIS, Secretario Xeral CGT-Bretaña

Polonia
Ogolnopolskie Porozumienie Zwiazków Zawodowych, OPZZ,
Jan KINSILINSKI, Presidente Adxunto, Tomasz JASINSKI, membro da Sección de Cooperación Internacional

Portugal
Confederaçao Geral de Trabalhadores Portugueses CGTP/IN,
Fernando GOMES, membro da Comisión Executiva
Uniao Geral de Trabalhadores UGT, Luis LOPES, Secretário de Relacións Internacionais

Suiza
Syndicat Interprofessional des Travailleurs et Travailleuses (SIT),
Xesús GÓMEZ, membro da Dirección Executiva

Uruguai
Plenario Intersindical de Trabajadores/Convención nacional del Trabajo, PIT/CNT,
Eduardo FERNÁNDEZ, Secretário de Relacións Internacionais

Venezuela
Unión Nacional de Trabajadores, UNT,
Marcela MÁSPERO, coordinadora Nacional, Orlando CHIRINO, coordenador Nacional, Marco Tulio Díaz, da Unión Bolivariana de Traballadores da Construcción


Horario do IV Congreso da CIG

Sábado día 28 de maio de 2005

09.30 horas     Recepción congresistas e convidados/as. Entrega de documentación.
10.30 horas     Inicio do IV Congreso. (Benvida a cargo do Secretário Comarcal de Santiago).
11.10 horas     Debate e votación do regulamento congresual.
11.20 horas     Presentación do informe de xestión da Executiva Confederal, a cargo do Secretário Xeral.
11.40 horas     Debate e votación do informe.
12.40 horas     Proposta de elección da Mesa Presidencial do IV Congreso.
13.00 horas     Presentación do relatório de organización e estatutos. Inicio do debate.
14.00 horas     Xantar.
16.00 horas     Debate do relatório de organización e estatutos.
20.00 horas     Votacións.

Domingo día 29 de maio de 2005

09.30 horas     Presentación do relatório base, debate e votación.
10.00 horas     Remata o prazo para a presentación de candidaturas.
12.30 horas     Intervención das delegacións convidadas.
14.00 horas     Xantar.
16.00 horas     Presentación das candidaturas.
16.30 horas     Elección de cargos e organismos.
18.00 horas     Resolucións.
18.30 horas     Clausura

Máis información en www.galizacig.com.



Voltar a novas

Ver anteriores