|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
BNG celebra a iniciativa da SER de organizar un debate, anuncia a
intervención de Quintana e agarda que os partidos estatais
fagan o proprio cos seus líderes
Redacción,
27 de abril 2005. Sobre Fraga: “Quen non está
en condicións de debater, non está en condicións
de gobernar”, di Quintana. O
Bloque
Nacionalista Galego celebra a iniciativa dunha emisora privada
de ámbito estatal –a cadea Ser- de organizar un
debate arredor das eleccións galegas de 19 de Xuño e
anuncia a intervención nel do seu candidato a presidencia,
Anxo Quintana.
O BNG e Anxo Quintana sempre estarán
a disposición dos medios de comunicación para
garantir o direito dos galegos e das galegas a teren toda a
información posíbel a respeito das propostas das
formacións políticas e a respeito das condicións
nas que se apresentan a este proceso eleitoral os candidatos.
O
BNG é a forza motor do cambio galego e, congruentemente con
iso, é a forza que está a abandeirar a rexeneración
democrática do noso país, que pasa inescusabelmente
pola celebración de debates nos meios de comunicación
entre os candidatos á presidencia.
A respeito das
declaracións de Fraga das que se desprende a súa
intención de non comparecer en debates, Anxo Quintana
afirma que “quen non está en condicións de
debater, non está en condicións de gobernar”.
O portavoz nacional engade que “nunha democracia minimamente
avanzada ninguén se pode agachar ao escrutinio e ao control
da opinión pública”.
O BNG agarda que
PP e PSOE comparezan tamén cos seus líderes no
debate que mañá irá celebrar a Cadea Ser, no
seu espazo informativo Hora 25 (apartir das 22.00 horas).
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|