ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Jorquera asegura en Xinzo que a proposta de Novo Estatuto do BNG busca “a corrección das desiguldades territorais na Galiza”

Redacción 27 de marzo 2006 O BNG defende que Galiza teña competencias exclusivas en materia de agricultura e gandaría. O Coordenador Executivo do BNG, Francisco Jorquera, defendeu que a proposta de Novo Estatuto de Nación “busca a corrección das desigualdades territoriais” entre a Galiza interior e a Galiza costeira, a través de políticas económicas que favorezan o desenvolvemento dos nosos sectores productivos, como a agricultura ou a gandaría.

Jorquera fixo estas declaracións durante un acto público celebrado este sábado en Xinzo da Límia, dentro da campaña de presentación que está a levar a cabo o BNG da súa proposta de Novo Estatuto para Galiza.

O responsábel do BNG lembrou que un dos principios reitores das políticas públicas da Administración galega, tal como recolle a proposta de Novo Estatuto, debe de ser a corrección das crecentes desigualdades entre as provincias da Galiza interior –Ourense e Lugo-, máis avellentadas, en proceso de despoboamento e cun escaso dinamismo económico, e a Galiza costeira, máis urbana, poboada e dinámica.

Neste sentido, considerou “imprescindíbel” que Galiza poidan deseñar a súa propria política económica para desenvolver o noso sector agrogandeiro e completar no país o ciclo productivo, xerando máis riqueza e emprego.

A este respeito, Francisco Jorquera lembrou que o artigo 82 do Estatuto que o BNG outórgalle á Administración autonómica competencias exclusivas en materia de “Agricultura e Gandaría, incluíndo a xestión dos fondos europeos que nesta materia correspondan a Galiza e a transposición das normas europeas de regulación dos mercados correspondentes”. O texto estatutario tamén incorpora a capacidade da administración galega de participar nas decisións da UE que afecten aos sectores económicos estratéxicos ou nos que ten competencia exclusiva.

“Vivir e traballar na Terra ten que ser un direito, e así o contempla a nosa proposta de Novo Estatuto”, destacou o coordenador executivo do BNG.

Voltar a novas

Ver anteriores