ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*ADELA Figueroa Panisse, reelixida Presidenta na XXXI Asemblea Xeral de ADEGA


Redacción 27 de marzo 2006 A defensa da Rede Natura galega, prioridade nacional de ADEGA
. Esta fin de semana, celebrouse en Compostela a XXXI Asemblea Xeral Ordinaria de ADEGA. Conmemoraron tamén os 30 anos de vida da asociación coa ilusión e o compromiso irrenunciábel de manter viva por moitos anos máis a loita pola defensa do medio ambiente deste País.

Como acto central da Asemblea, celebrouse o sábado 25 unha mesa redonda sobre a situación e as propostas de actuación para a Rede Natura Galega. Precisamente, o estado e as ameazas que afectan aos espazos designados LICs (Lugares de Interese Comunitario) pola UE en Galiza, así como as alternativas para a súa conservación e aproveitamento sustentábel, van a ser eixos principais do labor de ADEGA durante este 2006. Neste senso, adoitouse por unanimidade a seguinte resolución:

-Urxir da Consellaría de Medio Ambiente a protección efectiva da Rede Natura fronte a proxectos especulativos e infraestruturas inxustificadas como os parques de tecnoloxía alimentaria, parques eólicos, canteiras, urbanización masiva, etc. Urxir tamén á Consellaría de Industria a revisión do Plano Sectorial Eólico e a inmediata paralización dos proxectos en tramitación mentres non se aproba un novo plano eólico con criterios de sustentabilidade. Tamén, demandan da CMA unha ampla campaña informativa para dar a coñecer os valores (educativos, científicos) e as oportunidades de desenvolvemento sustentábel que supón a Rede Natura para a cidadanía.

Outras resolucións que a Asemblea de ADEGA considera necesario trasladar á sociedade son:

-Reclamar da Xunta de Galiza o cumrpinento estrito da legalidade e a consecuente paralización das obras da piscifatoría de Rinlo, en Ribadeo, mentres non se dispoña de todas as autorizacións sectoriais precisas.

-Instar á Consellaría do Medio Rural a investigar e informar á cidadanía sobre os efeitos dos pesticidas sistémicos na poboación de abellas e no ecosistema en xeral, así como sobre o uso dos agrotóxicos, propoñendo a súa sustitución por alternativas máis ecolóxicas.

-Solicitar a declaración de Galiza como territorio libre de transxénicos.

-Apoiar á plataforma "Salvemios Monteferro" na súa loita contra os proxectos urbanísticos especulativos neste espazo.

-Solicitar a regulamentación da navegación e fondeos no Parque Natural das Illas Atlánticas de acordo coa lei, para harmonizar as actividades recreativas coa conservación dos recursos naturais.

Finalmente, elixiron tamén unha nova Xunta Directiva, integrada polas seguintes persoas:

ADELA FIGUEROA PANISSE, Presidenta.
VIRXINIA RODRÍGUEZ, Vicepresidenta.
DANIEL LÓPEZ VISPO, Secretario Xeral.
XAN LOUZAO, Vicesecretario Xeral.
ALBERTE SÁNCHEZ, Tesoureiro.
MANUEL SOTO, membro da Comisión Permanente, Vocal de Residuos e Documentación.
XOSÉ SALVADORES, Vocal da Comisión Permanente.
CARLOS LÓPEZ, Vocal da Comisión Permanente.
FINS EIREXAS, Vocal de Enerxía e Ordenación Territorial.
XOSÉ LOIS PIÑEIRO, Vocal de Diversidade Natural.
LUÍS DÍAZ, Vocal de Saúde Ambiental.
RAMSÉS PÉREZ, Vocal de Educación Ambiental.
FERNANDO MALVAR, Vocal de Agricultura Ecolóxica.
MONTSE LOMBARDÍA, Vocal de Voluntariado Ambiental.
ANA GARCÍA, Vocal de Pacifismo e Globalización.
BELÉN RODRÍGUEZ, Vocal de Comunicación.
FLORENTINO FERNÁNDEZ, Vocal de Montes e Medio Rural.
MARCIAL BARRAL, Vocal de Ríos.
ISABELLE KERDUDO, Vocal de Benestar Animal.
FRANCISCO BAÑOBRE, Vocal de Litoral.


Voltar a novas

Ver anteriores