ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Comunicado do Festiclown en apoio a Leo Bassi


Redacción 27 de febreiro 2006 O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, quere manifestar diante da opinión pública a través de este comunicado o seu apoio incondicional a Leo Bassi, xenial artista, un dos padriños do Festiclown e o bufón máis comprometido dos últimos tempos, ante a vaga de ataques sufridos nas últimas semanas e a súa oposición máis rotunda a esta campaña de acoso, represiva e difamatoria por parte de organizacións e prensa católicas de ultra dereita.

O acoso e persecución, de corte antifascista, ao que está sendo sometido o clown Leo Bassi está acadando nos últimos días niveis alarmantes.

Mostra disto, son a denuncia do Centro cristián Tomás Moro de Madrid ante os Xulgados de Primeira Instancia, o sometemento a constantes ameazas telefónicas a través da carta anónimas e mesmo o intento de queimar o teatro arroxando gasolina sobre o edifico. Nos últimos días, foi convocada unha manifestación para o 24 de febreiro ás 22.00 horas diante do Tearo Alfil de Madrid.


Ante estes graves feitos manifestamos,

- O espectáculo de Bassi A Revelación é unha crítica racional ao monoteismo do antiguo testamento na que Bassi, facendo uso do seu dereito de expresión, pon en evidencia as peligrosas contradiccións, as omisións e inconsistenicias do mesón, entre outros, o menosprecio da muller e dos animais.

- A persecución e difamación dun determinado individuo, organización ou colectivo pola mera razón de pretender mudar a actual orde de cousas e expresar nun escenario as suas ideas, non só é unha mostra de fundamentalismo e fanatismo relixioso, senón que é un grave atentado contra os seus/nosos dereitos básicos e unha mutilación da libardade de expresión que non pode ser permitida.

Por todo isto, dende o Festiclown condenamos a través deste comunicado todo acto que atente contra un teatro comprometido e convocamos a todas as persoas e interlocutores sociais a participar del para contribuir a dar unha resposta a quen quere impor o silencio da risa solidaria, a risa antisestema e a risa como arma de destrucción masiva para combatir o pensamento único deste novo milenio.


Voltar a novas

Ver anteriores