ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Faces, de Cassavetes, fecha a programación de 2006 no Cineclube

Chuza! esta nova!
Redacción 26 de decembro de 2006 O Cineclube de Compostela fecha a súa programación para o 2006 este mércores 27 ás 22:00 no centro social O Pichel (Santa Clara, 21), co filme Faces (1968), de John Cassavetes: a neurose e insatisfacción dun matrimonio de clase media nos sesenta contadas con escenas improvisadas, os monólogos nocturnos de empresarios arrepentidos de seren tan burgueses, discurso metacinematográfico... Cassavetes creou unha forma americana de cinéma vérité co seu uso innovador da cámara de cine, perspectiva intensamente emocional, e a énfase na improvisación. O crítico Ray Carney denominouno pai do cinema independente americano.

Despois da experiencia fallida do seu paso por Hollywood, facilitada polo éxito do seu primeiro filme Sombras, Cassavetes estaba finalmente convencido a proseguir a súa carreira como realizador independente. A partir de entón, utilizaria as suas actuacións en filmes alleos como forma de reunir recursos para os seus proxectos persoais. Neste sentido, Faces (1968) revelase como unha especie de segundo punto de inicio na súa carreira, como limiar dunha década de 70 que se revelaría prodixiosa para o director.

A proxección, como é xa habitual no Cineclube, se realizará en versión orixinal con subtítulos en galego, e a entrada será de balde, puidendo os asistentes adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube.

Con Faces, o Cineclube comeza unha pausa nas proxeccións até o vindeiro 10 de xaneiro, no que se retomarán os filmes no lugar e horario de sempre.

Voltar a Cinema
Ir á Portada