|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*Santiago
Domínguez anuncia o primeiro partido da selección
galega de fútbol
Redacción,
26 de agosto
2005
O director xeral para o
deporte, Santiago Domínguez Olveira vén de manter os
primeiros contactos co presidente da Federación Galega de
Fútbol, Julio Meana, de cara á creación da
selección galega.
O responsábel de Deportes
anunciou que ten a intención de celebrar o primeiro partido
este Nadal, ao tempo que destacou que é o momento de que
"Galiza deixe de ser o único país que non
dispón de selección, e teña ocasión de
gañar o seu partido".
Domínguez Olveira
dixo, após a reunión mantida con Meana, que a
mediados do mes de setembro asinaráse un protocolo de
colaboración para botar a andar as xestións
necesarias e cualificou o día de onte de "importante
polo que significa o fútbol para a sociedade galega, e
porque é preciso mirar ao futuro, a través do
deporte, cun ar novo".
Para as vindeiras semanas, o
director xeral de Deporte reunirase con dous dos xogadores máis
emblemáticos do fútbol galego, Fran e Míchel
Salgado, para achegarlles a súa proposta.
O
nacionalista amosou o seu desexo de que o primeiro partido da
selección sexa "unha festa do deporte no que se conte
cos clubes de base, a xente da cultura e toda a sociedade galega",
polo que insistiu en que se trata dun proxecto que sacará
adiante "con absoluto consenso".
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|