ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Políticos e académicos de Suiza e do Estado español participarán en dous seminarios en Berna sobre “Globalización e identidades nacionais”no que estará Anxo Quintana, entre outros

Redacción 26 de abril 2006 O Kursaal de Berna acolle o próximo 29 de abril un seminario co título "Globalización e identidades nacionais", organizado pola Fundación Debate, que preside a profesora Judit Veiga, no que se darán cita destacados políticos e académicos de Suiza e do Estado español, Anxo Quintana, Vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza , Joan Saura, Conseller de Relacions Institucionals i Participació da Generalitat de Catalunya, Juan Manuel Lacruz, Prof. Titular de Dereito Penal UNED, membro do Instituto de Altos Estudos Europeos e do Observatorio para a Inmigración na Unión Europea, a profesora Monica Budowski, Catedrática de Traballo social, Políticas sociais da Universidade de Friburgo e Antón Losada, Secretario Xeral e de Relacións Institucionais da Xunta de Galiza.

Esta nova actividade da Fundación Debate intégrase nun ciclo de dous seminarios que engloban temas tan importantes e interrelacionados como a globalización, as identidades nacionais, a “Multiculturalidade e integración”, título do segundo seminario que se realizará o 13 de maio no conservatorio de Berna.

Nos actuais tempos de globalización e multiculturalismo, chégase á idea dunha identidade colectiva e planetaria como froito da convivencia de todas e todos con todos. A globalización ofrece a oportunidade de dialogar a todos os niveis, a multiculturalidade permite un intercambio, un enriquecimiento recíproco sen precedentes. Temos “a obriga inexcusábel de pensar globalmente” (Amelia Valcárcel)? É válido o modelo actual de globalización ou é “unha forma de integración económica internacional en particular, que os "amos do universo" estabelceron en función dos seus propios intereses, facendo que os intereses da poboación en xeral convértanse en secundarios” (N. Chomsky)? Que significado teñen as identidades nacionais nun mundo globalizado?, até que punto teñen sentido?, que representan políticamente?, como poden manterse e até cando poderán manterse?

Por outra banda, que medidas teñen que tomar os gobernos e que actitudes debe tomar a cidadanía para intentar conseguir ensamblar dous escenarios tan diferentes como o son a internacionalización do comercio, finanzas, tecnoloxía, comunicacións, coordinación macroeconómica, novas relacións políticas internacionais e a integridade multicultural, co xurdimento de novos nacionalismos e afianzamiento dos xa existentes?, poderemos, grazas á educación e a políticas integradoras, así como a través da concienciación, o respecto e a tolerancia, conseguir sociedades multiculturales cunha convivencia en harmonía estábel?, que avances fixo o Estado español e que sistemas ten Suiza en materia de multiculturalidade?

Ao longo de dous días, notábeis personalidades académicas e políticas expoñerán os seus estudos e puntos de vista respecto destas cuestións en senllos seminarios, organizados pola Fundación Debate, que conta coa colaboración coa Fundación Menuhin España e o seu Proxecto MUS-E e o Conservatorio de Berna, así como co apoio da Embaixada do Estado español.

Voltar a novas

Ver anteriores