ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Pallasos en Rebeldía dende Chiapas


Redacción 26 de abril 2006 O pasado 13 de abril partía de Compostela a VI Caravana de solidariedade galega con destino ás Comunidades Zapatistas de Chiapas, no sureste mexicano. Iván Prado (Director do Festival Internacional de Clown de Galiza e da compañía Os Sete Magníficos Máis Un), Fran Ameijeiras e o malabarista David Bruzos, membros do colectivo Pallasos en Rebeldía, comezaron no municipio de Roberto Barrios do V Caracol Zapatista, “O Caracol que fala para Todos”, a súa viaxe pola selva indíxena. Alí, os representantes da Xunta de Bon Goberno déronlles a benvida e mantiveron un encontro no que aprobaron as propostas dos Pallasos de Galiza.

Tralos primeiros risos provocados á comunidade de Roberto Barrios co pase do espectáculo “A Cadeira Voadora” na súa versión zapatista, a próxima parada dos integrantes da Caravana será o centro de formación zapatista de Jojla, no sur do Caracol, onde impartirán talleres de clown, malabares e xogos cooperativos a oitenta promotores de educación.

Os talleres tratarán de formar a promotores da educación nas ferramentas de teatro e comunicación, traballar o teatro como instrumento de expresión da cultura e da necesidade dos pobos indíxenas e  fomentar a creación de obras impulsadas por promotores locais. A través destes vaise tronando realidade a Escola de Pallasos da Selva Lacandona.

A continuación publicamos as crónicas enviadas dende Chiapas:

1ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas
Chegamos ao Caracol que Fala para Todos despois de 42 horas de viaxe: avión, autobús e redila. Neste México preelectoral todo é posible, ata que un bus sexa un  avión  terrestre ou que os dirixentes do P.R.I monten unha plataforma para democratizar o país...[ler máis]

2ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas
Un baño coa Xunta de Bon Goberno nas fervenzas máis magnificas de Chiapas, pode ser unha verdadeira inmersión no mundo máxico do neozapatismo indíxena...[ler máis]

3ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas
14 de abril día da República: Os Pallasos en Rebeldía saen para Tila.
Cada Caravana a Chiapas convértese nunha viaxe na montaña rusa da vida, cando te decatas estás cabeza abaixo ou revivindo o mesmo bucle histórico centrífugamente...[ler máis]

4ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas
O primerio día de traballo cos promotores de educación deste sector do V Caracol, tróuxonos futbol, un baño paradisíaco, case 8 horas de traballo e varias sorpresas...[ler máis]

5ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas. Crónica de circos e outras historias
Día a día vai medrando o proxecto de pallasos en rebeldía de Galicia no seo da revolta indíxena...[ler máis]

6ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas. Quijote e Sancho cabalgan de novo polo sureste mexicano
Despois dun ano sen visitar Chiapas, Quijote e Sancho, Sancho e Quijote, tanto monta monta tanto, cabalgan de novo sobre os seus veloces corceis, pero desta volta o acento dos ilustres perosonaxes non é o castilla galeguizado senón o Chol...
[ler máis]



Voltar a novas

Ver anteriores