|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
resposta os ataques de Fraga: “non teño nen mortos
nen presos de conciencia no meu pasado; por iso non me agacho e
por iso aposto por unha campaña baseada no
debate”
Redacción,
26 de abril 2005. “Fraga sempre me ataca cando non estou
presente, tenlle pánico a debater comigo porque sabe que el
é o pasado e o BNG
representa
o presente e o futuro deste país”. O portavoz
nacional do BNG, Anxo Quintana, quer saír ao paso das
declaracións realizadas onte polo candidato do PP á
presidencia da Xunta, Manuel Fraga, en relación a forma en
que accedeu ao goberno do Concello de Allariz.
“Non
teño nen mortos nen presos de conciencia no meu pasado. Non
teño remorsos e durmo tranquilamente polas noitas. Por iso
non me agacho e por iso aposto por unha campaña baseada no
debate sereno arredor das ideas, desde a garantía do
direito de todos a sermos verazmente informados. En todo caso,
convido a Fraga a que se pasee por Allariz e a que aprenda un
pouco das práticas de bon goberno, decencia e respeito á
democracia que rexen alí”, afirma Anxo Quintana.
O
líder nacionalista repróchalle a Fraga que teña
imprimido un ton “crispado e faltón” a estes
primeiros días de precampaña, no canto de ter
apostado “pola libre expresión das ideas e polo
contraste democrático das distintas propostas que as forzas
políticas apresentamos á sociedade”. “Fraga
agáchase porque non está en condicións de
gobernar. Fraga sempre me ataca cando non estou presente. Tenlle
pánico a debater comigo porque sabe que carece de
argumentos frente as ideas do cambio galego que eu represento como
candidato do BNG. Tenlle pánico a que se escenifique
perante a opinión pública que é el o pasado e
que o BNG e eu como candidatos somos o presente e o futuro deste
país”, engade Quintana.
Para
o portavoz nacional do BNG, os galegos e as galegas merecen “outro
respeito”. “Fraga ten que dicir de vez con claridade
se quer debater ou non”, afirma Quintana, quen remarca que o
programa dos nacionalista galegos inclúe a
institucionalización nos meios públicos de dous
debates por ano, un ao comezo e outro ao remate de cada curso
lexislativo.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|