GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Galiza Nova de Vilagarcía de Arousa organiza unha Charla-Obradoiro de Linux e Software Libre

Redacción 25 de outubro de 2006
Por 1º ano, Galiza Nova de Vilagarcía de Arousa organiza unha Charla-Obradoiro de Linux e Software Libre que comezan o venres 27 de outubro no Auditorio de Vilagarcía e rematan o sábado 28 no Centro Cultural da Torre cun Obradoiro de Linux. O acto esta organizado por Galiza Nova, patrocinado pola Concellaría da Xuventude do Concello de Vilagarcía de Arousa e coa colaboración de AGNIX e Mancomun.org.

Con esta Charla-Obradoiro pretenden reflexionar sobre a importancia de contar con software na propia lingua para avanzar no proceso de normalización, nomeadamente entre a mocidade e no eido socioeconómico.

A charla comeza o venres 27 ás 20:30 h. no Salón de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía na que Roberto Brenlla sobre “Achegamento ao Software Libre”, falará sobre Linux e software libre* e proxectarán "vídeos simpáticos" acerca do Software Libre.

No sábado 28 ás 12:00 h. no Centro Cultural da Torre en Vilagarcía de Arousa, farán o Obradoiro de Achegamento ao GNIX (live-cd**), na que Xabier Alonso mostrara algúns dos fundamentos de Linux así como a facilidade de uso deste sistema operativo, tamén se verá o paquete de programas OpenOffice.org e ferramentas de Deseño Gráfico .

Ao remate da xornada do sábado ofreceranse uns pinchos no mesmo Centro Cultural da Torre ao remate do Obradoiro.

Na Charla-Obradoiro ofrecerá aos asistentes un cd co GNIX e outro co OpenOffice.org en galego ademais de diverso material.

Roberto Brenlla é economista pola USC. Socio fundador e presidente de AGNIX ata xullo de 2006. Promotor do "GNU/Linux para O Pobo", hoxe coñecida coma GNIX, no que participan outras catro asociacións galegas: GALPon, GLUG, AULUSC e A Casa Encantada.

Publica documentacións, novas e artigos en www.agnix.org, imparte relatorios e dá cursos de achegamento sobre Software Libre así como directrices migratorias para PEMEs.

asennadas é o alcume que elixiu para a súa andaina pola Internet. Con el sinala o ano e país onde naceu, o amor á familia, o amor pola nosa lingua, o amor á terra e terras onde habitou e habita, a afección que ten dende neno á tecnoloxía e aos retos (éche racing) e a admiración ao traballo serio e ben feito, á honestidade, sinceridade, xustiza social, entrega, compromiso… paixón.

asennadas é a homenaxe ao seu coetáneo e sempre lembrado Ayrton Senna da Silva.


---
* Segundo a Free Software Foundation (FSF), o software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:
• liberdade para executar o programa, con calquera propósito;
• liberdade para estudar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte;
• liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño;
• liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.

** Segun a Wikipedia un LiveCD (traducido en ocasións como CDvivo ou CD autónomo) é un sistema operativo (normalmente acompañado dun conxunto de aplicacións) almacenado nun medio extraíble, tradicionalmente un CD (de aí o seu nome), que pode executarse desde este sen necesidade de instalalo no disco duro da computadora, para o cal usa a memoria RAM como disco duro virtual e o propio medio como sistema de arquivos. Algúns LiveCD inclúen unha ferramenta que permite instalalos no disco duro. Outra característica é que polo xeneral non se efectúan cambios na computadora utilizada, aínda que algúns poden almacenar preferencias se así se desexa.

Voltar a novas

Ver anteriores