Publicidade
Contacto
|
*Estoura nun portal de Lugo un artefacto pirotécnico sen ocasionar vítimas
Redacción 25 de setembro de 2006 Segundo informan na edición dixital de La Voz de Galicia, en torno ás 2 da pasada madrugada rexistrouse un forte estouro no portal dun edificio sito na rúa Armando Durán, 42 -a carón dos xulgados- sen ocasionar danos persoais, aínda que si materiais. As 13 persoas que se atopaban no edificio no momento do estouro foran desaloxadas xa están de volta na casa.
O andar baixo do edificio foi o que resultou máis afectado, sofrindo danos no portal e cadro de contadores.
A investigación centrase na orixe dos feitos, e todo apunta a que se trata dun artefacto de fabricación caseira e non se descarta que fora unha "rapazada". Os materiais empregados podería ser similares aos utilizados polos foguetes das festas, aínda que nun principio apuntábase un posíbel escape de gas.
Voltar a novas
Ver
anteriores
|
|