|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*Quintana
asegura que o goberno bipartito vai comportarse sempre coma o
goberno dunha nación
Redacción,
25 de agosto
2005 O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, dixo, na
apresentación da súa equipa, que o goberno bipartito
vaise comportar sempre coma o goberno dunha nación.
Os
titulares dos departamentos que integran a Vicepresidencia
presentáronse ante os medios de comunicación na Casa
da Parra e explicaron os obxectivos que teñen nas súas
áreas: Antón Losada, secretario xeral de Relacións
Institucionais; Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade;
María Xesús Lago, secretaria xeral do Benestar; e os
directores xerais de Xuventude e de Acción Social Rubén
Cela e Bieito Seara.
Quintana marcou dous grandes
obxectivos políticos para os vindeiros catro anos,
centrados en "educar a Madrid no respecto a Galiza".
Neste senso, o vicepresidente sinalou que o bipartito "falará
de goberno a goberno" con Madrid.
Na presentación,
o vicepresidente da Xunta sinalou que o seu departamento responde
"á maior e máis ambiciosa reestruturacióndos
servizos sociais da historia do Goberno galego", que Quintana
definiu coma "unha verdadeira revolución do benestar
para lograr a fin do paternalismo nos asuntos sociais e a posta en
marcha dun auténtico compromiso coa igualdade e o
benestar".
O vicepresidente describiu as tres grandes
áreas de xestión nas que se divide o seu
departamento: as relacións institucionais, a igualdade,
sobre a que sinalou que "é a primeira vez que hai unha
aposta en serio" por este ámbito dentro da Xunta, e o
benestar, no que comprometeu "unha visión activa e
solidaria, non subsidiada".
Tamén aproveitou a
presentación o vicepresidente da Xunta para destacar o
compromiso cumprido polo novo Goberno de "pór a
Administración ao servizo da xente e facela máis
áxil", coa redución de seis direccións
xerais a dúas no seu departamento.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|