ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
A Consellaría de Medio Ambiente non revisará a declaración de impacto ambiental aprobada polo anterior Goberno no caso da granxa mariña de Rinlo


Redacción, 25 de agosto
2005 Logo de tres días consecutivos de paralización das obras, por parte de membros de ADEGA, dunha granxa de cultivos mariños en Rinlo (Ribadeo) ubicada nunha zona incluida na Rede Natura 2000, a Consellaría de Media Ambiente (a cargo do PSOE) informou esta mañá que non revisará a declaración de impacto ambiental favorábel (aprobada polo anterior Goberno da Xunta) nin paralisará as obras.

Tras a entrevista entrevista celebrada hoxe en Santiago, os Directores Xerais de Conservación da Natureza e de Calidade e Avaliación Ambiental informaron a ADEGA que a Consellería de Medio Ambiente non revisará a declaración de impacto ambiental favorábel aprobada polo anterior Goberno nin ordenará a paralización das obras, só velará polo cumprimento das condicións estabelecidas na declaración.

Por se isto fora pouco a empresa promotora está a tentar enfrontar a algúns veciños de Rinlo con ADEGA, o que levou a algún momento de tensión.

A intención de ADEGA-Lugo é seguir tentando deter as obras até que a Administración se decida a intervir para impedir esta nova desfeita ambiental.

O grupo ecolixísta fai un chamamento á sociedade para apoiar a acción en defensa do litoral. Se podes apoiar en algunha medida esta acción non dubides en chamar aos seguintes teléfonos 639 664 924 (Montse), 619 808 662 (Daniel) ou 649 103 070 (Lois).


Voltar a novas

Ver anteriores