ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns


*
Ameazan de morte a unha xornalista por investigar á policia de Córdoba (Arxentina)


Redacción, 25 de agosto
2005 María Fernanda Villosio, xornalista do diario de LA MAÑANA de Córdoba (Arxentina), recibiu o venres pasado unha ameaza de morte a través duhna mensaxe de texto no seu teléfono móbel. "O silenzo é saúde. Sería unha lástima que perdera físicamente a boa saúde", dixéronlle. E ao final, a modo de asinatura, unha cruz de cemiterio. A intimidación foi remitida desde unha páxina web.

O amedrentamiento prodúxose ás 13:57 h. do venres pasado, 19 de agosto, mentras a xornalista, en plena redacción, planificaba o traballo do día.

A
ameaza comenzou a ser investigada polo fiscal Alejandro Moyano, o sumario, foi transferido ao fiscal Luis Caro, quen investigará o acontecido.

Antes de recibir a ameaza telefónica, Villosio, fora vixiada nun bar do centro da cidade por dous homes que debian ser policías e que estaban dentro do lugar. Tamén había outros dous fora, todos vestidos de civil. Así llo confirmou logo unha fonte policial.

Villosio xunto a Bettina Marengo realizaron unha investigación xornalística sobre detencións arbitrarias que realiza a policía de Córdoba, Arxentina, para demostrar eficacia ante os seus superiores e da que serían víctimas persoas que non cometeran delictos. Ese informe foi publicado na edición do xoves 18 de agosto.

Fonte: Diario La Mañana de Córdoba e Axencia Walsh


Voltar a novas

Ver anteriores