|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
BNG condena enerxicamente o atentado de madrid e reafirma a
necesidade da unidade das forzas democráticas para
conseguir a derrota total do terrorismo
Redacción,
25 de maio
2005.
A
Executiva Nacional do BNG
quer condenar enerxicamente o atentado cometido hoxe en Madrid e
quer tamén reafirmar a necesidade da unidade das forzas
políticas democráticas para conseguir a derrota
total e definitiva do terrorismo.
O
BNG considera que é absolutamente necesaria a actuación
concertada de todas as forzas políticas democráticas
no combate contra a senrazón e a barbarie terrorista.
O
BNG quer tamén expresar a súa fonda solidariedade
coas persoas que resultaron feridas neste atentado e fai votos
polo seu pronto restabelecimento.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|